Alfonso Daniel R. Castelao, 1934
Etiquetas: Castelao, Literatura
Etiquetas: Castelao, Literatura

Porén, Riofero é máis ca iso, é unha homenaxe á literatura, unha viaxe pola literatura, polo contar (e polo contador) de historias. Xelís condúcenos a unha viaxe na procura da historia a escribir, aos problemas de narrala e ao resultado desa pesquisa; a escrita, que é a procura de palabras que acaban conformando un ente irreal, fantasmagórico. A historia.
A fotografía está tamén presente aínda que dun modo máis "literario" ca en Terminal. Libro do que haberá que falar algún día neste blog.
Para complementar a lectura e desfrute do libro, hai unha serie de audios que se poden escoitar aquí ou tamén descargalos n'A Regueifa.
Etiquetas: Literatura
Etiquetas: Cinema, Literatura
Etiquetas: Literatura
Hai unha semana, saía eu todo contento dunha libraría compostelana coa derradeira entrega dos contos completos de Philip K. Dick baixo o brazo, bueno, mellor dito dentro dunha bolsa de plástico ben fea. Este volume contén unha selección de contos publicados dende finais dos 60 até a súa morte. Etiquetas: Literatura, Ovellas domésticas

Etiquetas: Ciberespazo, Literatura

Etiquetas: Cinema, Literatura
Irvine Welsh tenos acostumados ao aroma do vello porto, cos seus pubs, fish&chips e demais tugurios onde as súas personaxes se refuxian do día a día gris e sen perspectivas que a vida en Edinburgo oferta á clase media.
Etiquetas: Literatura
Auster é deses autores que hai que seguir. Pode ser que fiques marabillado coa lectura dun libro, pero para desfrutar completamente, é preciso coñecer o universo Auster. Os grandes temas do americano son: New York (Brooklyn en particular), o escritor, a soedade e, por riba de todo, o azar; e son comuns a case que toda a súa produción.Etiquetas: Cinema, Literatura, Os meus favoritos:


Etiquetas: Literatura, Os meus favoritos:
Falar de libros que non se leu, está claro que quen máis e quen menos fixo algunha vez isto (podería aplicarse a outros eidos, coma o cinema). Disto trata un libro escrito polo profesor de literatura e psicanalista francés Pierre Bayard. O título é Comment parler des livres que l'on n'a pas lus?, que ven ser Como falar de libros que non liches?Etiquetas: Literatura
Recentemente vinme nunha situación ben curiosa. Non é que sexa nada do outro mundo, xa que no fondo non deixa de ser unha mudanza dos hábitos. O caso é que fun mercar a nova novela de Auster, e topei coa sorpresa de que había unha traducción ao galego. Xa sei que "Brooklyn Follies" tamén fora editada por Galaxia, pero eu tiña o exemplar de Anagrama. Nun primeiro momento foi unha situación estraña, lería por primeira vez a Auster nunha lingua diferente, aínda que non é coma cando lle muda a voz a unha personaxe da TV, para min facíase raro. Acostumado á forma de expresarse nas versións en castelán, resultábame curioso ver formas novas na escrita. No fondo, isto non é relevante, xa que as expresións dos orixinais son diferentes á forza. A novidade polo tanto foi dobre, novo libro e nova lingua. A experiencia foi positiva, gostei de poder desfrutar dun dos meus autores favoritos no meu idioma.Etiquetas: Literatura
Estou pesado co tema, xa o sei. O caso é que da para moito. Falaba, mellor dito falabamos, estes días atrás de detectives; tanto nos comentarios coma noutros blogs. Os porqués da afección que nos suscitaban, o feito de que non pasen de moda, as iconas que perduran, en fin; os modelos básicos de linguaxe literaria e cinematográfica (sen excluír á banda deseñada por suposto) que foron creados nun momento dado coas novelas de detectives e que agora son referencia de múltiples obras. Ao falar da súa influenza, non nos podemos limitar á temática. Hai moitos aspectos que crearon escola, como o vestiario, as poses e a música. A que ven todo isto? Pois ven ao conto dunha serie anime que tiven oportunidade de ver recentemente e que me recordou constantemente a Hammett e Chandler, pero non na trama (nada a ver), senón nas descricións de personaxes e lugares. A serie en cuestión é Cowboy Bebop. Narra as aventuras duns cazadores de recompensas nun futuro próximo á estética ciberpunk (o propio termo Cowboy recorda a Gibson) pero con pequenos matices. Hai moitos elementos da novela negra americana nesta producción xaponesa: personaxes solitarias, afeccionadas ao bourbon, vestidas á moda dos anos 40; locais de jazz clandestinos, gángsters, etc. Etiquetas: Animación, Anime, Literatura
Como xa dixera, ía falar da vida de K.Dick e de Chandler. O feito é que facer aquí unha exposición da vida e feitos do noso Señor da Ciencia-Ficción pareceume un pouco absurdo xa que na wikipedia hai un artigo moi completo sobre a súa vida. De todos xeitos, por se non vos apetece ler otras páxinas (agradezo que non cambiedes de canal) farei un esbozo dos aspectos máis peculiares da súa existencia.Etiquetas: Literatura
Philip K.Dick está de novo de actualidade. Non só se estreou recentemente o filme "A Scanner Darkly" baseado na novela homónima, ademáis acábase de anunciar que varias das súas obras, entre elas "Do androids sleep with electric sheep?" van ser publicadas na colección da Library of America. Nesta colección, edítanse os grandes clásicos da literatura norteamericana. A edición é do máis coidado que se pode ver, tapa dura en coiro e folla de biblia.Etiquetas: Cinema, Literatura