gardei rabaños máis alá de Orión...
3.3.09
Prólogo (ou polo menos agardo que non sexa epílogo)
Tres Partidos para os galegos baixo a chuvia.
Sete para os Señores Vascos con casas de pedra.

Nove para os Homes Mortais condenados a morrer.

Un para o Señor Escuro, sobre o seu trono escuro

na Terra de Mordor onde se extenden as Sombras.

Un Partido para gobernalos a todos. Un Partido para atopalos,

un Partido para atraelos a todos e atalos nas tebras

na Terra de Mordor onde se extenden as Sombras.


Os Nazgûl cumpriron o seu cometido e devolveron o Partido Único ao señor escuro, é vontade do partido voltar xunto ao seu dono. A alianza dos pobos libres é o único xeito de combater a escuridade que nos ven enriba. Non deixemos que a febleza dos que o intentaron derrotar na anterior idade nos atormente.

Comeza a aventura.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 20:30:00 |


9 Comentarios:


  • At 5:02:00 a.m., Blogger Mario

    Non te preocupes, isto nen sequera é a aventura do anel, é máis ben o saneamento da Comarca.

     
  • At 3:42:00 p.m., Blogger Nela

    Se coa miña vida ou a miña morte podo protexerte, fareino.
    Conta coa miña espada.

     
  • At 5:16:00 p.m., Blogger A Raíña Vermella

    E coa miña machada.

     
  • At 5:19:00 p.m., Blogger O pastor eléctrico

    Agardo que só sexa iso, pero cómpre saneala ben.
    Non contaba con ser eu quen leve tan pesada carga, pero as vosas armas sempre serán benvidas.
    Quedamos o venres á noite no Pony Pisador

     
  • At 10:28:00 p.m., Blogger ekis1331

    Meeeu tesooooouuro!!!

    (por non chorar)

     
  • At 12:01:00 a.m., Blogger albixoi

    Jeje. Fantástica serendipia.

     
  • At 1:10:00 p.m., Blogger A Conxurada

    Marabillosa metáfora. Quen será o noso Frodo?

     
  • At 1:43:00 a.m., Blogger O pastor eléctrico

    ekis1331: Será Gollum unha carga ou un aliado para o portador do Partido?
    albixoi: Grandes coincidencias si.
    A Conxurada: Non sei quen será Frodo, pero agardo qeu estea á altura :)

     
  • At 10:24:00 p.m., Blogger Kimuko

    Realmente a mellor forma de tomalo que se me podía ocorrer...

    Moitas grazas polos folgos e os ánimos para a loita.

    Vos entregaría a luz de Earendil, a miña máis prezada estrela, máis penso que coa vosa fortaleza e, sobre todo, electricidade, non vos fai moita falta ;)