Estes días andamos argallando cos emuladores de recreativas. Xogando ao Bomberman (aka DynaBlaster), ao Metal Slug, ao Baseball AllStars 2, ao Street Hoop e ao fantástico Pang! 3 atopado grazas ao seu nome en USA, Buster Buddies. O máis curioso é que en internet non hai moito acerca deste xogo do que eu recordo alomenos sete recreativas na miña cidade natal. O xogo é unha variante do Pang na que os fondos son obras de arte famosas, podes xogar en tres modos diferentes e hai catro personaxes a elixir. Unha panteira rosa, unha cabareteira, un pirata e un mexicano. Don Tacos, que é como se chama este mexicano, leva bigote, pistolas, sombrero (pronunciado así: sɒm'breǝ.ɾəʊ), e maracas.

A grande descuberta foi que Don Tacos (como cabería agardar por outra banda), non é só un personaxe de videoxogo noventeiro. É un produto dunha marca xaponesa de snacks (*) (cal sería a palabra galega?) chamada Koikeya e que ten unha publicidade mais ben estraña para un público occidental e que non comprede o xaponés como é o meu caso. Se alguén me pode traducir os anuncios agradecereillo moito.
Así é, internet é o reino da astracanada.
* Petiscos. Grazas pola resposta Mario.
Etiquetas: Ovellas domésticas, Videoxogos
Vaia historia, as miñas lembranzas de recreativas redúcense ao Final Fight e ao Street Fighter, que eramos rapaces duros e os idem (os duros) andaban escasos como para gastalos en xogos de pelotitas. O que nos perdimos.
A tradución há de ser "petiscos". Y que viva Don Taco!!!!