gardei rabaños máis alá de Orión...
3.1.09
Vellas Noites
Foto de: Yanning Van de Wouwer


Volvía para a casa nese momento en que a néboa comeza a desaparecer e abre o día. Os que non sexan de por aquí non sei se saberán a que me refiro. A noite fora longa, das 18:30 ás 8:30 coma sempre, só que nesta ocasión andivemos por aí todo ese tempo. Tanto tempo de troula da para moito, e iso é o que todo o mundo agarda, máis non sempre é así.

A noite comezou á media tarde - cousas do inverno- buscando algo que facer. As noites coma esta son especiais, tes que facelas especiais. Hai que argallar algo, xa! Poñamos as galas e vaiamos ao casino.

O cheiro a fume configurou un xesto híbrido de noxo e excitación na miña face, o xigantesco vestíbulo estaba presidido por duas grandes fileiras de máquinas comecartos que debuxaban a rota cara as mesas de ruleta e blackjack, situadas nun amplo salón elevado por tres pequenos chanzos dunha pedra semellante ao mármore. Os tapizados vermellos e as lámpadas douradas trouxéronme á mente a casa de calquera millonario dos debuxos animados. Sentei na barra e chamei ao camareiro para que me trouxese unha cocacola, de lata. Os cacahuetes debían levar máis de 5 meses naquela cestiña metálica.

As mesas de Hold' em estaban case cheas, pero aínda quedaba un oco para min, e era a miña noite. Tiña crédito suficiente para comezar a sacarlle os cartos a aqueles miñaxoias en canto os flops viñeran quentiños. As cousas estiveron tranquilas durante a primeira media hora, pero a partires de aí, todo mudou. Liguei tres ases e na seguinte man gañei a unha escaleira coa miña cor. A morea de fichas que tiña diante de min invitaba a pensar que podía ser unha grande noite. Tiña que seguir un par de horas, non podía deixar correr semellante oportunidade. - Bueno, eu xa quedo aquí, mañá vou estar zombie. Grazas por pagar o taxi.

- Nada.- escoiteime dicir cunha voz sospeitosamente frouxa. E ronca.

Poucos minutos despois abrin a porta da casa e deiteime cou roupa posta enriba da cama sen facer. Outra noite interesante. Debimos ter ido ao casino, polo menos as copas son baratas.

Etiquetas: ,

 
publicado por O pastor eléctrico ás 13:00:00 |


2 Comentarios:


  • At 6:54:00 da tarde, Blogger Nela

    É mellor así, que nos casinos non se pode nin sacar a pipa sen que os seguratas se líen a tiros con un :P. Ademáis nos casinos só poñen Four rouses ou ghüiski dobre. Curioso relato e moi chula a foto

     
  • At 12:13:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Lembroume un pouco a Brookling Follies, cando un dos personaxes fala da súa fantasía de lugar ideal como un casino cheo de fume, no que todo o mundo leva na man un whiski on the rocks (cos dúas pedras de xeo ;) e no que podes atopar a calquera celebrity, viva ou morta, e particularmente receptiva ás túas atencións. Ains... o paraíso debe de ser así :)