Parece ser que non son o único con morriña daqueles tempos en que os videoxogos non eran moi vistosos graficamente mais compensábano coa xogabilidade, a dificultade e unhas musiquiñas moi características.
Pornophonique é un conxunto alemán que fai música coa a xuda dunha Gameboy, un Comodore64, samplers do Space Invaders, etc. ah! é unha guitarra. Na súa páxina web pódese descargar o seu album, ten licencia Creative Commons, algo de agradecer nestes oscuras de turbias alianzas entre os que mandan nun lado e os que mandan noutro para acabar coas redes de difusión cultural.
As cancións teñen títulos tan evocadores coma take me to the bonuslevel because i need an extralife, lemmings in love ou, como non, game over. Paga a pena escoitar a estes alemáns que conseguiron subir unha Gameboy aos escenarios.
Ainda me prestou o tema este do sad robot. e eso que eu non so amigo dos sons electrónicos. Digo moita barbaridade se afirmo que Manu Chao en clandestino foi un precursor en meter estes sons de 8 bits nas suas pezas?
Moi boa a canción e o concepto en xeral, de feito ten un son moito mellor do que agardaba. Deixo aquí otros descubrimentos con resultados "máis puristas" e máis frikis :P
A verdade é que son ben curiosos. Estou baixando o disco, pero o que escoitei até o de agora mola :) Vou polas recomendacións de Sak. Lo quiero todo!!! (riso diabólico)
Si que está ben o tema, eu tampouco son moito de electrónica, pere este grupo tenme gracia. Respecto ao de Manu Chao, nin idea. Igual sabe algo o Sak. Como molan as camisolas dos 8-bit operators Sak! Podiamos facer un reto, a ver que acaba o Sonic en menos tempo e con máis puntuación. Está moi ben o disco Raíña, o outro de remixes xa non mola tanto.
Mola moito!! non deixa de sorprenderme a capacidade dalgunha xente para facer música con calquera cousa. Non é o mesmo exactamente pero Psapp tamén fai electrónica con cousas ririñas: xoguetes ;D http://www.last.fm/music/Psapp
Ei! non vira o videoclip! q chulo! A musiquiña do principio lémbrame un pouco ao Zelda que era o que tiña as musiquiñas máis Sad. E digo eu, estes rapaces darán concertos. Podemos escribirlles a ver se veñen... Imaxinade os amiguiños que poderíamos facer entre o público. Hihi ^^ Eu faría peticións de versións de melodías en 8 bits que levan soando moitos anos na miña cabeza!
Ainda me prestou o tema este do sad robot. e eso que eu non so amigo dos sons electrónicos.
Digo moita barbaridade se afirmo que Manu Chao en clandestino foi un precursor en meter estes sons de 8 bits nas suas pezas?