Contaba que viñan dous homes falando polo camiño. Subían a encosta que ven dende o río, que nesa zona ven manso e crea un dos lugares máis fermosos da comarca, paseniño e de fala animosa paraban aos pouco fitando os paxaros que baixaban dende os cables eléctricos até as leiras sementadas. Xa pola pinta sabía que non eran da zona.
Probabelmente veñan da Casa da Volta. No verán adoita chegar xente por alí, parentes. Serían fillos da Ramona? Emigran de nenos a Arxentina. Non, deberan ser máis vellos.
Quedaron un rato mirando ás casas que se intuían detrás da carballeira.
-Como se chama este sitio?
-Biscaia.
-Seica ese é un pais rico!
-É. O que ten come e o que non, pasa.
Os homes seguiron camiño arriba, case eran as doce e ainda faltaba un treito para a taberna.

Etiquetas: Relatos
De verdade hai un sitio por aquí que se chama Biscaia? É como para investigalo (e non digo por xuíces, nen nada diso).