gardei rabaños máis alá de Orión...
2.5.08
O meu primeiro 16bits
Lembro perfectamente o día en que tiven entre as mans a flamante Mega Drive de Sega. Era un artefacto impresionante, moito máis grande do que parecía nas fotos das revistas e dunha cor negra, negrísima. O pack incluía un mando e un xogo. Sempre me fascinou esa política de "un mando", ao final acababas mercando outro para xogar cos amigos pero, por que raios non o mercaban eles? A fin de contas, ti xa puñas a casa, o xogo e a consola. Iso polo menos, a merenda e os refrescos eran opcionais.
O xogo que viña era Flashback, esa palabra que tanto escoitaría ao longo da miña vida dende entón, aínda que case nunca en relación con este magnífico xogo. Mais ben en relación co cinema (Ai, Tarantino, Tarantino...) ou coa literatura ("o flashback tamén chamdo analepse...") eu sempre estaba por dicir que tamén se coñecía como The quest for identity. Nunca o cheguei a comentar, parecíame fóra de lugar.
O xogo era sensacional, impresionábame a aparencia gráfica que tiña, ao xeito de ilustración, con cores moi diferentes ao habitual, semellaba debuxo simple de banda deseñada, sen filigranas mais con certo estilo.
A ambientación era cyberpunk, a pesares de que eu non coñecía tan sequera o termo, viñérase rapidamente á cabeza Blade Runner, pola combinación de vestiarios actuais e futuristas, o coche no que fuxías era moi parecido ao patrulla de Deckard, a pistola... incluso no propio personaxe.
Visto co paso do tempo, samella máis interesante aínda, e unha revisión que lle fixen o ano pasado deu para moito. Unha das cousas que pasara por alto no momento, non por anecdótica (era clave no transcurso da historia) senón por falla de referencias era o Holocubo. Tratábase dun pequeno obxecto de forma cadrada do que saía unha historia que pasaba por ser a túa mais non era seguro. Lembreime deste obxecto vendo Mulholland Drive, nese momento clave do filme no que no teatro aparece por vez primeira esa pequena caixa que se abre e a partires de aí todo se volve -máis- confuso. Será que David Lynch púxose a xogar ao Flashback despois de rematar Twin Peaks?



Etiquetas: ,

 
publicado por O pastor eléctrico ás 13:40:00 |


8 Comentarios:


  • At 5:22:00 da tarde, Blogger Mario

    O meu primeiro 16 bits tamén foi a Megadrive, que lembranzas. Eu pasara dun Msx de casette á consola (non había medios económicos para outro ordenador) e o salto fora absolutamente impresionante. Nunca xoguei ao Flashback, aínda que era un dos clásicos perseguidos de sempre, agora que circulan roms e emuladores hei volver sobre el, aver que tal me vai co holocubo.

     
  • At 2:36:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    ese día cambiou o curso da historia e sementouse o xermolo do mfuturo Pastor Eléctrico,polo que vexo :p
    Non creo no destino nin nada así, pero non vos da a sensación de que hai determinados ítems que se repiten ao longo da túa vida unha e outra vez? Supoño que será un sesgo na recepción da información,pero prodúceme unha sensación mogollón de estraña...

     
  • At 7:39:00 da tarde, Blogger Roi Buligan

    é moi curiosa a percepción dos videoxogos que acomparon a miña xeración (e as seguintes) lembro meter pode que 25 pts no primeiro videoxogo da historia:Pong, debía ter dez anos( si, as barriñas e o cadradiño do tenis plano) a Home Computer de cartuchos carísimos que gorroneo todo o barrio na miña casa, irónicamente non me invitaron a era do Spectrum...e a primeira Playstation cando todos me dician que non triunfaria que a SEGA era mellor...que tempos e que vello son!!!

     
  • At 7:42:00 da tarde, Blogger Nela

    Este comentário foi removido pelo autor.

     
  • At 7:52:00 da tarde, Blogger Nela

    Qué sorte a Megadrive…! Eu quedeime na primeira Nintendo, con mando cadrado e botóns A e B. Iso sí, tiñamos un montón de xogos: “Os Mario Bross” case todos, Os Picapiedra, O Zelda, O Lemmings, bufff… pa parar un tren…Pero eu tiña a espinita do Street Fighter da Megadrive…Quería repartir patadas!

    …Falando de flashbacks…acabo de ter un (é verdade, Raíña!): A primeira e última vez que vin esa imaxe de Mulholland Drive foi proxectada nunha pantalla nunha das clases da asigantura máis productiva que tiven. Lémbrome de que foras dos poucos que asentiron cando nos preguntaron se a viramos… Cando aínda eras ese descoñecido e interesante “fetichista cultural” :-P

    http://es.youtube.com/watch?v=oddg6dCB7FE

    And there´s music in the air…

     
  • At 8:43:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Que mítico o msx! Deixabas cargando a cassete mentres facias a merenda :p Se podes faite coa rom Mario, igual téñoa eu por ahí...
    Eu non creo no destino tampouca Raíña. Mais xa falei varias veces do azar e este é outro caso. Escollin o pack co Flashback (o outro viña co Sonic) e anos máis tarde valeume de moito. Para que digan que os videoxogos só serven para perder o tempo.
    Eu comecei polo Msx, ao Pong cheguei máis tarde. Seguro que cando metiches aquelas 25 pts non pensabas o que podería ser un videoxogo deses que valen agora 80 euros... Que grande Atari, reivindico o Pong dende aquí como pedra fundacional da industria do videoxogo que tantas horas da miña vida ocupou. E seguirá a ocupar.
    Lémbrome de xogar á NES na casa dun compañeiro da EXB, tiña un encanto particular, iso si, o deseño era catastrófico!
    Eu a falta de vela unha vez, xa a vira tres, pero é que a primeira non entendín nada. A terceira foi porque a pillei na TV e non tiña gana de estudar... Alégrome de non ser xa un desconocido ;)

     
  • At 5:14:00 da tarde, Blogger Agurdión

    Eu probara o Another World, que teño entendido que é a primera parte de Flashback. Xoguei nun Amiga, na casa de meus primos. A introdución do xogo, co tipo chegando ao laboratorio para facer o experimento, deixárame abraiado. Por eso agora téñoo entre os meus roms para o emulador da Megadrive.

     
  • At 5:49:00 da tarde, Blogger skaltum

    Eu case me prefiro remontar a unha etapa un pouco anterior,á etapa da NES, esa consola que revolucionou este mundiño, ese aparato que nos fixo ver aos xogos soutra forma.
    Insertabas ese cartucho, que por outro lado non che importaba moito cal fose, se non que che parecía bo case calquera.
    Aparecía o título na pantalla curva da televisión de tubo e pasabas infinidade de horas alí,ben sexa co todopoderoso Mario Bros 3, Battle City, algún de superheroes,etc
    As bágoas percórrenme as fazulas ao rememorar aqules tempos de lecer.