gardei rabaños máis alá de Orión...
30.3.08
A semana do azar
Andaba eu o outro día curioseando nunha libraría compostelana na busca de nada en particular. Na sección de idiomas, miraba unha guía de conversa de esperanto. Achei os andeis adicados ao galego e á literatura galega e en galego, ao fondo, xunto co resto de idiomas que aprendemos na escola para poder entendermos aos estranxeiros... A miña mirada pousouse primeiro nunha morea de libriños morados, alí entre todos aqueles iguais, o primeiro título que lin foi Exercicios de estilo (Exercices de style) do francés Raymond Queneau. Fiquei realmente sorprendido, tivera ese libro na cabeza toda a semana. Sentía curiosidade por como dunha mesma anécdota podían escribirse 99 discursos diferentes.
Despois de que fixera unha pequena brincadeira sobre o estilo e o punto de vista, Queneau demostroume como facer ás cousas ao grande. Para completar o círculo, ese mesmo día pola tarde, mencionábanme ese libro.
Sorprendeume mesmo a existencia desa traducción, xa que é do no noventa e cinco. O libro, editado por Xerais inclúe ademais os orixinais en francés.
Queneau é un autor que ven do surrealismo e que pertencería ao Collège de Pataphysique e fundaría xunto a Françoise le Lyonnais o OuLiPo (Ouvroir de littérature potentielle), con membros coma Georges Perec, Marcel Duchamp, Noël Arnaud, Jacques Roubaud e Italo Calvino entre outros. Este grupos reúne a autores non convencionais e as innovacións literarias e artísticas de cada un deles son notables.
Outra das obras imprsionantes de Queneau é Cent Mille Milliards de Poèmes unha obra fascinante composta por dez sonetos cos versos intercambiables cos que crear dez billóns de sonetos. A lectura desta obra levaría máis de cento noventa mil anos.


Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 12:55:00 |


6 Comentarios:


  • At 7:39:00 da manhã, Blogger Mario

    O dos millóns de poemas é impresionante, hei ver se me fago co outro.

     
  • At 3:37:00 da tarde, Anonymous Anónimo

    Gostei sempre dos "Exercicios de estilo" de Queneau (Raymond "que no, que no", por xogar un pouco como faría él e outros escritores desta corda). A pesares diso, sempre me queda a sospeita de que este tipo de literatura corre o risco de quedarse en ideas formais brillantes (e que brillantes, sen dúbida!), que poden ser máis ou menos subversivas no concepto que propoñan da literatura pero que ás veces non van máis aló diso en canto a contido. E podemos engadir para auto-contradicirnos: e faría falta ir máis aló diso? Unhas ideas para pensar, nada máis.
    Por certo, Roubaud ten cousas simpatiquísimas, coma un poema adicado o metro patrón que é inesperadamente conmovedor.

     
  • At 1:48:00 da manhã, Blogger moucho branco

    Impresionante, si.... pero iso está superado polo "xerador de poesía galega" dos aduaneiros, :D

     
  • At 8:46:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Si que é impresionante Mario, ainda que o dos aduaneiros que apunta o moucho tamén é impresionante.
    Non coñecía o poema ese de Roubaurd, mirarei de conseguilo anónimo visitante.

     
  • At 12:54:00 da tarde, Blogger Roi Buligan

    encántame eses ensaios "raros", unha mestura de ciencia e literatura, o da poesía matemática de variables infinitas parece unha lectura axeitada para a raíña

     
  • At 8:45:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Si que pode ser axeitada hehe, pero eu recomendaría a súa lectura a todo aquel que estea interesad@ pola literatura.