Seguro que calquera persoa que pasara por este blog, deuse de conta de que unha das grandes debilidades do pastor é un filme marabilloso chamado Blade Runner. Posto que xa falei do filme, da historia na que está inspirada, de K. Dick (penso que moito incluso), etc. Hoxe, e para comezar ben o ano, deixo aqui unha parodia/homenaxe da man de Quique San Francisco, e o equipo de La crisis carnívora.
Éste é un corte promocional do filme, que se estreou no pasado festival de Sitges e que ten un plantel incrible, coas voces do propio San Francisco, Joaquin Reyes, Jose Coronado, Alex Angulo, Pablo Carbonell... E a participación de Nikodemo animation, creadores de Cálico Electrónico.
Como curiosidade, dicir que está realizado na súa totalidade en Flash.
Agardo que a desfrutedes. Tedes máis cortes na web do filme.

Etiquetas: Cinema
Aínda que Riddley Scott sexa un director inquedantemente irregular, capaz tanto de Blade Runner e Alien como de facer bodrios considerables, veño de ver American Ganster e sorprendeume gratísimamente: é unha especie de mestura entre O Padriño e Trainsppoting con Corrupción en Miami e unha peli sobre tráfico de drogas que vin contigo e que non me lembro como se chamaba pero que me gustou moito (que mal!)Total, que é un peliculón, a banda sonora superfunki arrasa e tes que vela. Ala.
p.D: o video non me carga:p