gardei rabaños máis alá de Orión...
31.10.07
MMoito pensar
Mándanme a Raiña Vermella e A Rapazo do Arco un encargo curioso. Facer unha lista de oito cousas calquera e mandarlle o encargo a oito persoas. Semella sinxelo. Pois non. Oito cousas... da que pensar, segundo para que, son moitas ou poucas cousas.
Voume decantar por non me decantar por nada. Teño oito ideas para facer listas de oito cousas:
- Grandes golpes que levou o Pastor ao longo da súa vida. Moita dor xunta, abóndame coas cicatrices.
- Persoas desagradables coas que me xuntei. Queda feo dicir nomes.
- Cousas que me recorda o OITO. Case so futbolistas e números de teléfono.
- Frases inadecuadas ditas en presencia de persoas inadecuadas. Buff...
- Cousas que podería facer OITO veces ou máis nun día. Non creo que sexa capaz de facer nada oito veces nun día.
- Grandes momentos da miña existencia. Coido que os máis están por chegar.
- Frases célebres nocturnas. Deixo que sexades vos quen completedes.
- Cousas que levaría a unha illa. Ao calvo de Lost, nin de coña.
- Pastorelas famosas. Non sei por que puxen isto.
Como vedes, non me puiden decidir. Cal é a que daría máis de si?
Este post completarase nos comentarios. Se cadra...
Por certo, mándolle o encargo ás primeiras oito persoas que lean isto.
Etiquetas: Ovellas domésticas
publicado por O pastor eléctrico ás 22:39:00
|
-
o mais dificil todavia, se xa edificil escoller umha lista ti fas 8...
por certo q co calvo perdido ainda podo pasar, imaxina a illa con Pepa e Avelino ou os tonechos...
-
Deberías compartir con AK o premio á galeguidade! Ou mudarlle o nome ao blog e poñerlle "Outra volta de parafuso" como a novela. A primeira semella poñernos demasiado serios. Ademáis nas cicatrices mellor non andar (aínda que está ben telas, dan un aquel interesante). A segunda queda pouco elegante, e ademáis non creo que oito cheguen a nada:p Eu quedaríame sen dúbida coa de frases célebres nocturnas. De feito, case me apetece facer eu un post coas túas frases célebres nocturnas, algunas delas realmente memorables. Tamén teño algunha non nocturna pero moi memorable, que me serviu mais adiante nun deses momentos que deixan cicatriz.
-
si, si! frases nocturnas célebres! a propósito disto eu lembro non sei que duns gherrilleiros xD
Ben, poñéndonos máis serios, as cicatrices tamén axudan a medrar a pesar de que algunha aínda doa ao mirar para ela, de todos modos facer unha lista diso é un pouco masoca... o das frases célebres é moito mellor, agora vas ter que facela en serio :)
-
Estou coa Raíña e coa Rapaza. Coido que deberías facer esa lista de frases célebres, en especial porque sei que tes unha boa colección delas, propias e alleas. Non sei se serei dos oito primeiros lectores do artigo, pero tentarei facer esa lista que propós, a ver se lle dou ao blog un pouco de permeabilidade.
-
-
Uf, ti te pos no peor AK. Imaxina levar a Lobato e A Gonzalo, os calvos de Tele5. Iso si que sería insufrible.
Premio a galeguidade! Que ben soa iso. O das frases xa sabía eu que daría que falar, Raiña. Van traer polémica :P
Xa me tardaba! Iso si que é un dardo Arqueira :) Creo que a lista é mellor que a fagades vos, eu non me lembro de tantas.
Ti tamén podes colaborar Agurdión, seguro que coñeces algunha que outra. Ánimo co da lista e noraboa polo deseño novo.
Diurnas... Mais ben de tarde non si, Mario?
-
Sen dúbida o enfoque mais orixinal para este meme tan aritmético, :P... eu só chegeui a barallar dúas posibilidades, sonche mais previsible.
-
A ver, eléctrico ovicaprino (tes que arranxar o deseño, por certo, que sempre che vexo as entradas novas baixo de todo...)...
Eu vou a desentoar, como unha peza dodecafónica, xa que son un morboso e masoquista, e repito a dor propia simpatizando coa allea. Podes trocar os golpes, que non chegan aos 400, en cómicas historietas, amais.
O das frases inapropiadas tamén me chista...
-
Pode ser falla de decisión disfrazada de orixinalidade Moucho ;)
Creo que xa solucionei o problema do que me falas FraVernero, mais non estou certo de todo. O das frases podería levar a que me fechasen o blog, asi que vou deixalo no aire...
o mais dificil todavia, se xa edificil escoller umha lista ti fas 8...
por certo q co calvo perdido ainda podo pasar, imaxina a illa con Pepa e Avelino ou os tonechos...