Xa hai ben tempo que non falo por aqui de anime. Xa lle ía tocando. Posto que pasou tanto tempo dende a última vez, pois hoxe, por partida dobre. A primeira é unha recomendación e a segunda unha advertencia.
A recomendación é Basilisk: The Kouga Ninja Scrolls, un anime de Fumitomo Kizaki baseado no manga de Masaki Segawa. Ten 24 episodios e é do máis entretido e interesante que vin ultimamente. A historia narra a loita entre dous clans de ninjas. Cada clan defende a un dos fillos do shogun Tokugawa e así o clan gañador será herdeiro do Xapón. O anime non se estreou por estes lares pero circulan pola rede versións subtituladas en español e portugués. É unha boa forma de pasar esas horas mortas no verán. Iso si, non vos pasedes porque todo é malo en grandes doses. Vale de exemplo esta curta arxentina que atopei por casualidade. Coidado co anime que ten unha capacidade moi forte de atracción. Non cheguedes ao punto destes arxentinos. Logo non digades que non aviso.
Mmmm, que boa pinta! Unha das cousas que mais me parece que está a cambiar a TV é a posibilidade de ver series, por exemplo, a través de Internet e sen depender de horarios. Penso que é un xeito de ver o que realmete che interesa e non a bazofia que che botan. Ademáis, achega a televisión ao xeito no que se consume literatura: ao teu ritmo, e cunha escolla coidadosa.
Demos gracias á rede de libre intercamio. Si, non é piraterría: piratería é ir polos bares, tendas, etc ameazando aos propietarios para que paguen por poñer a radio. A serie paga a pena Raíña, xa cha pasarei. Non sabes o que perdes Moucho. En breve aparecerá por aquí Final Fantasy Unlimited, esa seguro que che gusta. Xa Mario, podiamos plantexarnos a posibilidade de crear subtítulos galegos para o anime.