Cando buscamos compañeir@ de piso, moitas veces guiámonos por referencias de colegas, aspecto (físico xeralmente) e esa intuición que todos temos e que a case ninguén lle funciona do modo axeitado. O resultado final é o que xa se sabe, acabamos acumulando odio cara a nosa especie e cambiando de compañía cada dous por tres.
Para evitar estes problemas, confeccionei unha sorte de guía/cuestionario para realizar antes de acoller un inquilino novo nese espazo ao que dificilmente se lle podería chamar casa, xa non digampos fogar.
Estes son os coñecementos básicos que debemos ter sobre a persona que imos meter no piso (deberiamos acostumarnos ás entrevistas en plan teleserie):
1- Fumador ou non (prescindible)
2- Sabes lavar a louza? Estas disposto/a a aprender?
3- Coñeces o significado de “insalubre”? Consideras a fregona un invento inútil?
4- Es capaz de pechar a bolsa do lixo?
5- Tes a habilidade suficiente para introducir unha bolsa no interior dun colector?
6- Recollerías cunha vileda trozos diminutos dun vaso rachado? En caso afirmativo, explicar os pros e os contras.
7- Gostas do futbol? E doutros deportes? En caso afirmativo: Es capaz de racionalizar o cabreo? Consideras preciso encher o chan de ketchup e cervexa cando hai Champions?
8- Que telexornal adoitas ver? (A3 e T5 son motivo de descalificación)
9- Cres que ETA tivo algo a ver no 11-M?
10- Quen te merece máis credibilidade, Jiménez Losantos ou Pedro J.? (Responder esta pregunta tamén descalifica)
Estas serían as preguntas básicas a realizar. O malo é que hai compartamentos difíciles de prever.
1- Que a súa fonte de información sexa a COPE, a FHM/Cosmopolitan (e tome todo ao pé da letra)
2- Que sexa un grande cinéfalo. Nunca atopáchedes Sin City dox ou Caribean PirateX no DVD?
3- Que a súa opinión persoal sobre un filme sexa a opinión persoal de Antonio Gasset
4- Que gaste máis papel hixénico el só que o resto do edificio. Debería mirarse, calquera día quédalle na man…
5- Que considere o 1 de Maio un “rollito de rojeras”
6- Que non diferencie o sal do azucre
7- Que viva no sofá e teñas a Jorge Javier de B.S.O. todas as tardes
8- Que fale de cine asiático. En concreto de pelis que non víu e ti si por pura casualidade
9- Que esquenza as chaves de casa cada vez que sae de noite e ti tes que madrugar ao día seguinte
10- Que teña amigos peores ca el
O dito, se non queredes pasar por malas experiencias recoméndovos ter en conta este pequeño cuestionario.
Etiquetas: Ovellas domésticas
Mi ma!! vendo isto considérome máis que afortunada, hai cada individuo por aí...
outras preguntas para axudar: entendes o concepto "repartición de estantes"?,consideras que a temperatura da casa durante o inverno debe ser a suficiente para ir en tirantes e bragas?
Aínda que está claro que teñen unha moito menor que as túas, se escoitan a Cope, etc, xa vai ser imposíbel negociar ou razonar outros puntos :D