gardei rabaños máis alá de Orión...
25.3.07
Quedarse coas ganas e acabar contento
Xa falei algunha vez da saga Final Fantasy, creo que lle adiquei máis horas das que quedaría axeitado dicir, así que non direi nada diso. O que si direi é que xa saíu a nova entrega, o FF XII e eu non xoguei aínda, agardo poder comezar nas vacacións de pascua. Para matar o tempo, adiqueime a volver xogar un pouco a algunhas das edicións antigas. No Nadal volvin xogar o FFVII porque é unha das miñas grandes debilidades, seguro que xa vos decastes. Pois agora tocáballe ao FFV, máis problemas co emulador fixeron imposible que xogara. Así pois, dinlle paso ao FF Tactics, outro dos preferidos. A primeira vez que xoguei, foi despois de acabar por vez primeira o FFVII, alá polo 98. Un amigo meu que ten unha capacidade fóra do común para conseguir cousas de modo inmediato (anque co XII estase pasando), deixárame este xogo que non sei por que razóns non se chegou a estrear en Europa. Foi toda unha aventura poder xogar, ao ser NTSC e a miña TV non, víase en branco e negro. Tiven que mercar un cable RGB novo que adaptaba o NTSC da PlayStation. Solucionados os problemas técnicos, comecei con el. A pesares do inconveniente de estar en inglés, o que retardou bastante o meu avance, a experiencia foi marabillosa. Era un Final Fantasy pero con pegadas dos clásicos coma o Zelda, o Secret of Mana e o Disgaea. A estética era moi chula, cos típicos bonecos cabezóns con gráficos de debuxo.A historia é de temática medieval, con loitas entre clans pola coroa, os poderes máxicos ocultos e perigosos que desencadean acontecementos que poñen en perigo o mundo, a igrexa (aparece moi ben retratada por certo), as princesas secuestradas, os enganos, etc. O modo de xogo permitía horas case infinitas de xogo, ao principio resultaba bastante máis complicado do que poden resultar os outros Final Fantasy, pero despois tiña unha complicación máis ben escasa. Aínda así non perdía interese.
No grupo tiñas personaxes de dous tipos, as xenéricas e as especiais (que tiñan que ver coa historia e tiñas habilidades propias). Cada personaxe aprendía habilidades cambiando de "oficio" (mago, clérigo, cabaleiro, arqueiro, ladrón, ninja, samurai, alquimista, geomancer, monxe, invocador, oráculo, matemático, sacerdote,bardo, mediador), combinando as artes aprendidas tiñas personaxes máis poderosos. Un dos oficios máis difíciles de descobrir e máis interesantes era o de "mimo". Con esta habilidade podías imitar calquera acción realizada por calquera personaxe durante o combate.Entre as personaxes ocultas, estaba Beowulf, un misterioso guerreiro que abría a posibilidade de ir até unha illa do norte na que eliminar un dragón. Outra curiosidade do xogo era a posibilidade de obter a Cloud. Asi que mentras non podo xogar ao FFXII seguirei co Tactics, igual descubro algo que non sabía. Etiquetas: Videoxogos
publicado por O pastor eléctrico ás 13:18:00
|
-
Eu xa rematei o XII (a historia principal, claro, agora vou co longo ronsel de segredos e búsquedas)... cambia todo o concepto de combate, non sei, a min non me gustou nada a nova fórmula. Bueno, xa o verás, pero a min decepcionoume moito... a historia está ben, iso si, ten un aire á do VIII en moitas cousas.
-
Non sei moito da nova entrega Moucho, non vai por turnos o combate?
Xa tecontarei cando xogue. O dos segredos seguro que da para moito se segue a tradición.
-
Poderías crear a Igrexa do FF do Pastor Eléctrico. Se te montas ben o rollo fórraste! A poder ser con casinos...y furcias!
-
Apoio o anterios, noméome seminarista, e manifesto o meu desexo de ver a Tifa, Rikku e Rinoa en plan picaronas un sábado á noite.
E índo ao tema de novo... bueno,por turnos turnos non son, hai total liberdade de movementos en combate, anque só ataca a túa persoaxe cando se enche a barra de ataque, co cal hai un elemento roleiro, (tes que mellorar a velocidade da barra). Ademais ao controlar os movementos dun persoaxe, non podes controlar aos demais, que funcionan automáticamente segundo as ordes que ti lles das de prioridades de movementos nun taboleiro de "Gambits", que veñen sendo os comandos que logo faran no combate segundo o caso e en orde de prioridade... o elemento estratéxico está moito mais fora dos combates que neles, agora os combates son moito mais de acción que antes, xa non tes tempo a pensar os teus movementos a menos que abras a barra de maxias e técnicas constantemente e te poñas a pensar co xopo así pausado... en todo caso é moito menos roleiro.
-
Argh! Es un viciado!
Eu xa evito entrar moito en xogos destes, porque coa miña forte veta ludopática, quedaría totalmente enganchado e non lle adicarei ren a outras cousas... Lembro, por exemplo, un malísimo xogo en formato MUD (ou sexa, só texto, como moito de cores) sobre o MundoDisco de Pratchett ao que estiven enganchadísmo por meses sen fín...
Malo deixar o Mono...
-
Podemos fundar a igrexa do Final Fantasy, por que non? Podemos facela on-line, así o dos casinos sería moito máis doado, e polo contido X non creo que houbese problema. Gracias pola idea Raiña, es a primeira feligresa oficial. Quedas bautizada no nome de Square-Enix coa beizon de Alexander e do Pastor Eléctrico.
A min sempre me chistou Aeris, por iso do roio místico Moucho. Conto con comezar co xogo este venres se nada o impide, xa te contarei.
Os xogos do mundodisco estaban xeniais. Eu paseino de luxo co Presuntamente Desaparecido FraVernero. Anímate e bótalle un ollo ao Final Fantasy.
-
Incríbel! :) Tod@s agardamos que algún día poidas vivir disto, porque estas ovellas, son ademais de eléctricas, frikis frikis.
-
Bueno Pastor, é unha pena que non xogaras ao V por problemas técnicos. É o primeiro que rematei e collinlle cariño, ainda que hai que recoñecer que non é o mellor de todos nin moito menos.
Por certo, fun ver a peli dos 300 Madelman, que manda truco con ela. Gustome ben. É tan excesiva e desproporcionada en todo, que nada se pode un queixar de que sexa inverosímil. Outra volta volvo escoitar: "pero e que é un cómic". Non, señores, é unha película.
-
Soa ben eso das ovellas frikis, semella unha personaxe de conto. Mentras disfrutedes delas, que sexan o que queirades arqueira.
Cando poda xogar ao FFV xa te contarei Agurdión. Eu non fun ver 300, pero de seguro que me deixo caer polo cinema esta pascua.
Eu xa rematei o XII (a historia principal, claro, agora vou co longo ronsel de segredos e búsquedas)... cambia todo o concepto de combate, non sei, a min non me gustou nada a nova fórmula. Bueno, xa o verás, pero a min decepcionoume moito... a historia está ben, iso si, ten un aire á do VIII en moitas cousas.