gardei rabaños máis alá de Orión...
23.2.07
Outra de Marlowe
Por se pensabades que xa me esquecera do cínico por antonomasia, aqui vai outra entrega.
Neste caso, Marlowe pasouse á banda deseñada.
A historia non é nova, pero o formato si, e foi unha sorpresa cando vin o exemplar na tenda. Sempre tivera curiosidade por ver como sería unha historia de Chandler
en debuxo, neste caso con debuxo americano dun ilustrador habitual de DC Comics (debuxou Gothan Central) e Marvel.
A historia está ben tratada e o debuxo en branco e negro fai que o ambiente non difira moito das versións cinematográficas, pero se hai algo que destacar é o ben conseguida que está a personaxe de Marlowe. Ten todos os tópicos, o seu cinismo, a súa aparente frialdade, as súas rrelacións amor-odio coas mulleres, etc. Só se botan en falta as copas de rigor. O dito un cómic moi entretido que chega a pouco (non é moi extenso) pero que se deixa desfrutar.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 11:57:00 |


7 Comentarios:


  • At 3:56:00 da tarde, Blogger moucho branco

    Bueno, polo menos na banda deseñada parece que os americanos deixan fumar... porque sen copas aínda vale, pero sen fume o cine negro xa non é tan negro.

     
  • At 4:51:00 da tarde, Blogger Mario

    Pois haberá que botarlle unha ollada, que ten boa pinta.

     
  • At 6:55:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    A min o rollo abstemio tampouco me parece moi fiel, fixáchedesvos algunha vez no moitísimo que beben nas pelis dos anos corenta e cincuenta? pero o cómic ten unha pintaza, fáiseme a boca auga. O medio natural de Marlowe é o cómic, non?

     
  • At 8:07:00 da tarde, Blogger FraVernero

    Un anda correndo arredor do medio artístico que é a banda deseñada, mais outras carreiras impídenme manté-lo ritmo... alén das cousas máis ultraclásicas...
    Nembargantes, a próxima volta que vaia pillar o tomo 3 de 'Persépolis'á Fernyteca 'Auryn' (aí, publicidade para a tenda onde merco os cómics...), eille de preguntar por este tebeo negro e sen alcool -anque ca auga que sae da boca da Raíña-.

    Como P.S., a inminente versión cinematográfica dos 1.000 de Miller (anque me desagradará a homofobia tan allea aos históricos espartanos, xunto coa topificación oriental-afeminado-africana de El-Rei Xerxes).
    Unha aperta!

     
  • At 9:25:00 da tarde, Blogger Arale Norimaki

    que ruina!! non dou aforrado para cínicos empedernidos, outro máis para a lista, ademáis Marlowe, a ver quen se resiste. Creo que vou ter que deixar de saír polas noites, ou deixar de comer...

     
  • At 10:05:00 da tarde, Blogger A rapaza do arco

    Sen dúbida o teu especial instinto, como bo pastor que es, para atopar cousas deste tipo tan interesante beneficianos a tod@s.Seguirei as túas recomendacións, esta, sobre todo, ten unha pinta estupenda.

     
  • At 11:27:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Pois si, Moucho, Marlowe sen güisqui perde algo, pero o seu roñoso despacho sen fume parecería baleiro...
    Botalla Mario, non o lamentarás.
    Estanme dando ganas de beber, voume facer unha copa antes de rematar o comentario...
    Ben, ao que iamos, nos libros ía a media de 6 copas por dia (e outras tantas por noite), nesta versión bótase en falla pero está moi ben Raiña, se tes oportunidade non o deixes correr.
    Se che serve dalgo FraVernero, está editado por Norma. Da peli do cómic de Miller vin os trailers (non hai unha palabra galega para isto?) e visualmente é impactante. O que non sei é que tal estará en conxunto...
    Dimo a min Arale que ando reunindo os volumes de Akira. Non deixes de sair, reivindica o botellón, todo sexa por darlle nos fociños aos políticos...
    Gracias polo do instinto Arqueira, é o primeiro instinto non pexorativo que me colocan :p