O motor do xogo foi creado por Nevrax e ten unha licenza GPL (General Public Lisence) Pero recentemente foi mercada por Gameforce e non sei se seguirá a ser así.
Non tiven tempo de xogar moito, de todas formas, non pretendía contar aquí a trama do xogo. Ryzom é un bo exemplo de MMORPG, que é do que pretendía falar. Esta clase de xogo é un formato moi extendido, e fai reflexionar sobre o tipo de xogo que está en boga nestes tempos. Os xogos ocupan un oco no entretemento moi importante, incluso apartando outras ocupacións con máis antigüidade. O caso é que hai dous tipos básicos de xogos: os colectivos e os individuais. Dos individuais xa falarei noutro momento. O que me parece interesante destes xogos en liña é que son, dalgunha forma, de todos. Todos xogamos a mesma partida é, ao mesmo tempo, a nosa própia. É por iso que deberían seguir sendo libres, xogar é outra forma de se expresar, e xa teño falado aquí da importancia da liberdade de expresión na rede, xa que semella que o Ciberespazo é un dos poucos reductos onde aínda é válida.
Anímovos a participar e se tedes suxerencias doutros MMORPG, non dubidedes en compartilas.
Etiquetas: Ciberespazo, Videoxogos
Paranoia, Homos Ludens e agora xogocínia...cando estou a aprender eu estes días de reclusión médica.
Coido que de MMORPG podenche dicir bastante O Breogán, Pris, ou El Duende, por mentar ovellas que me resultan familiares...de seguro que hai milleiros máis.