A capacidade de interacción é enorme e funciona como unha mestura de todo, fúndese o chat (na súa versión máis típica), co deseño gráfico 3D, mediante o cal podes crear toda sorte de obxectos que podes intercambiar logo por outros e mesmo por linden dollars (a moeda oficial de Second Life) e co entretemento dos videoxogos. Cabe a posibilidade de participar sen gastar cartos, pero hai un grande negocio por detrás. O mundo Second Life é un arquipélago enorme que non deixa de medrar e existe a posibilidade de mercar terreos (iso non cambia en ningún mundo) á empresa xestora por grandes sumas. Xa hai empresas que pagan por se anunciar e a banda inglesa Duran Duran ofreceu unha xira virtual.
A parte máis interesante do asunto é que non só é un mundo virtual dentro de outro, xa que dentro de Second Life hai máis mundos. Existe un grande salón adicado ás proxección audiovisuais, nas que os usuarios mostran o seu traballo ou o de outros, un parque de atraccións onde podes montar nas máis tradicionais como pode ser a noria ou noutras moito máis orixinais e se cadra, inviables neutros mundos, tamén hai un campus virtual no que se imparten aulas de diferentes materias e conferencias de todo tipo.
Como vedes, si que existen mundos paralelos, o problema é que teñen o mal costume de preservar os vicios e defectos dos outros que xa coñeciamos.
Etiquetas: Ciberespazo
Isto de Second Life semella ofrecer utilidades interesantes. Ocórrenseme usos moi bos ou moi chungos, xa non moralmente (isto de roubar no cibermundo, por exemplo) senón persoalmente. Podes utilizar Second Life para vivir cousas que é imposible que experimentes na túa vida real, por falta de medios ou de tempo, ou sinxelamente porque, na vida real, ás veces tes que renunciar a algunhas cousas para conseguir outras, e despois quedas pensando "que pasaría se...?". POr outra banda, tamén podes empregar Second Life para sustituír á túa First Life, porque as relacións cibernéticas son máis doadas, arriscas menos emocinalmente, tes cualidades que non tes no mundo real...
Por último, está claro que un dos vicios que mencionas é o sistema capitalista, que o impregna todo como unha segunda natureza humana.
P.S: noraboa polo blog, sempre superando as miñas expectativas:)