gardei rabaños máis alá de Orión...
25.12.06
Unha nova compañeira

O pastor eléctrico está de noraboa. Dende fai uns días goza da compaña de Lía, unha Border que vai ser de grande axuda para gardar as ovellas. É un alivio á hora de recollelas xa que é unha experta pastora, a súa raza leva moito tempo adicándose a gardar ovellas. Eu aínda son novo nisto, así que a tarefa será un pouco máis doada coa súa axuda e sobre todo, coa súa compaña. Moitas gracias Lía.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 12:19:00 |


6 Comentarios:


  • At 1:48:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Lía tamén é eléctrica? Vaia agasallo de nadal mais fermoso; eu fun unha nena sen bechos domésticos (son alérxica a case todo) e danme moita envexa estas cousas, pero envexa da sana. Seguro que o número de ovellas apañadas medra considerablemente.
    Feliz Nadal, e mellor se é vermello en vez de branco. Por cambiar;)

     
  • At 9:28:00 da tarde, Blogger Arale Norimaki

    Vaia, teño unha amiga con ese nome, non pastora pero si grande persoa. Coida ben da túa Lía tan ben como ela coidará das ovellas, sonche unha xoia estes acompañantes.

     
  • At 11:03:00 da tarde, Blogger Alba Sandá

    Pero que cousa mais linda!! Coidaa ben!

     
  • At 7:15:00 da tarde, Blogger Mario

    Boh, eu tamén teño unha amiga con ese nome, pero poñerlles nomes así a bechos aos que lles vas ter cariño non é nada mau (eu fágoo), outra cousa é poñerllo a un cocho que te vaias comer ou algo así. Moi curriña a Lía.

     
  • At 11:27:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    O nome de Lía ten unha historia. O nome que tiña ela era Kuß (ou algo asi) que seica quere dicir "bico" en alemán. O caso é, que outra cadeliña que coñezo xa ten ese nome. Entón ocorréuseme Leia, a primeira princesa que coñecín e a única á que lle permitiría acceder ao trono. Tras un proceso de diálogo coa miña irmá, acordamos Lía por consenso (claro alarde de democracía) xa que non lle quería por un nome con connotacións freaks.

     
  • At 7:56:00 da tarde, Blogger moucho branco

    Pois que mágoa, porque Leia era fermoso e evocativo... ;)

    un saúdo.