gardei rabaños máis alá de Orión...
2.2.07
Morcegos e recordos

Entereime recentemente de que Christopher Nolan vai dirixir unha nova entrega de Batman. Provocoume unha certa sensación de ledicia xa que Batman Begins foi a única entrega que me convenceu dende a de Tim Burton, alá polo 89. A versión de Nolan captaba mellor toda a esencia do mundo do Batman da DC Comics. Era unha película sobre Batman, non unha película na que saía Batman. Cando era neno, gostaba moito dos superheroes, o meu favorito era o Spiderman, até que descobrin ao Batman. Cando vin o filme pola TV, ficara apampado. Semellábame incrible como se parecía ao da banda deseñada, o filme estaba moi logrado, daba a impresión de que estaba a ler as miñas historietas no televisor. Máis recentemente ocorreume algo semellante coa versión de Nolan, non tiña nada a ver cos filmes anteriores (horripilantes), sorprendeume moito. Non fora ao cinema moi convencido por mor da decepción que me causaran as anteriores entregas (en Batman Forever saínme da sala antes dunha hora) pero como gostara de Memento, vinme na obriga de facer un esforzo. A decisión coido que foi axeitadísima, xa que unha vez dentro, desfrutei do filme case coma a primeira vez que vira a de Tim Burton.
Outro recordo que me evocou a noticia, foi a serie de TV dos s 60, a do Batman en pixama e coas orellas gachas. Coido que foi a primeira cousa que vin que me pareceu cutre. Co paso do tempo, o meu aprecio a Batman e un certo espirito friki, transformou ese "cutre" e "mítica" ou mesmo "entrañable". Moito se ten falado desta serie, lembro aquelas esceas nas que Batman e Robin agatuñaban polas paredes dos edificios e saían veciños falar con eles. Os superheroes levaban as capas pagadas ao cú e a xente saía dun xeito excesivamente horizontal polas ventás. É digno da mellor serie B. Tamén estaba ese teléfono vermello que se alumeaba cando a policía chamaba pedindo axuda. Vin fai uns anos un capítulo e era impresionante o aspecto retro do Batmóbil, que tiña uns acabados cromados que xa lle gustarían ao 127. Era gracioso ver as follas das árbores caer coma se fosen pedras cando o vehículo collía velocidade.
Seguro que se voltasen a emitir esta serie (confiemos en Cuatro), tería éxito. Pero quen sabe, se cadra as asociacións de padres vían certos comportamnetos "estraños" entre Batman e Robin (que guapo coa R no peito) ou excesiva violencia nos "PAUWNS" que lles atizaban aos inimigos. Acabarían emitíndoa as tantas da mañá e o grande público quedaría privado dela.
O dito, a agardar a estrea de The Dark Nigth desexando que pase a ocupar un lugar nos éxitos e non nos fracasos das adaptacións de Batman.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 18:20:00 |


8 Comentarios:


  • At 9:54:00 da tarde, Blogger A rapaza do arco

    Mira que es friki :D A serie de Batman, aínda que cutre, molaba un montón, sobre todo con esa dobraxe que lle facían na galega, cunha voz a hostia de interesante :) que máis daba que a capa non lle voase, eran cousas da época e da falta de recursos.
    Polas protestas dos pais non te preocupes, outra cousa que os caracteriza, ademais da súa pesadez con certos temas, é que non se enteran de nada; non hai peor cego que o que non quere ver ;)
    Eu tamen aposto pola reposición

     
  • At 2:27:00 da tarde, Blogger Agurdión

    Recordo que as historias da serie sempre se compuñan de dous capítulos. Aquel sistema enganchábame sen remedio. En todo o tempo que seguin a serie non conseguín aprender que os protagonistas estaban salvados de antemán. Todos os enredos eran solucionados da forma máis inverosímil, e con cada capítulo novo sempre tiña a sospeita de que estabamos ante a trampa definitiva. Inocente de min.

     
  • At 10:13:00 da tarde, Blogger moucho branco

    Fíxate que eu nunca tiven moi boa relación cos seperheroes.. me gustaban spiderman e lobezno, pero pouco mais. Batman non me gustaba porque me parecía unha especie de inspector gadget "cool", con todos ese batcacharros, :D

     
  • At 2:30:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Eu tampouco fun moi de cómics de superheroes de cativa, toda a miña relación con eles foi a través da tele, pero si que me gustaba Batman, porque era un superheroe sen poderes, todo a base de adestramento e ansias de vinganza!! Claro que, pola barriga cerveceira do Batman da serie (splash! baboom!!) non parecía que adestrara moito. Pero agora si que me gustaría que a repuxeran, dame nostalxia. Creo que nos facemos vellos, Pastor. Snif.
    P.S: Memento é unha pedazo peli, iso si, se desconectas tres segundos estás perdido.

     
  • At 2:43:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Pois si Rapaza, a doblaxe da galega dálle polo xeral outro aire ás series, nalgúns casos, o resltado é perfecto (Shin-Chan, SonGoku, Batman, Arale, etc).
    Agurdión, fasme lembrar o final dos capítulos, con esa técnica tan de folletín: "conseguirá Batman zafarse da trampa do Pingüín?, e Robín, chegará a tempo de axudar a Batman? Todo iso no seguinte capítulo, á mesma bat-hora e na masma bat-canle"
    Respostando ao Moucho e a Raíña, Batman si que molaba polos cacharros, era un home normal (bueno, forrado), non era radiactivo, nin extraterrestre, nin mutante, nin nada diso. Iso era o que molaba. Calquera con pasta podería ser Batman nos ratos libres.
    Por certo Raíña, cando vin memento por primeira vez non desconectei e tamén acabei perdido.

     
  • At 12:09:00 da manhã, Blogger Mario

    Buaaaah, o mellor eran os CRASH! CROCH! PAM!. Que caña de serie, e ese homoerotismo contido, mimá.
    Concordo que a última de Batman foi a mellor en moitos anos (e moito mellor que o bodrio ese de catwoman), aver a seguinte como vai.

     
  • At 12:21:00 da tarde, Blogger cambote

    e cantos bocadillos de nocilla ou de sariñas mirando a serie!!

     
  • At 12:07:00 da manhã, Blogger O gato violeta

    Gostame a idea da reposición, nunca cheguei a ver bataman e se é tan de serie B encantaríame vela.
    Batman mola (nas pelis mais vellas parece que vai bailar ballet en vez de salvar o mundo, pero mola)