gardei rabaños máis alá de Orión...
5.1.07
Agasallos frikis
Estas datas son datas de agasallos. Facer un agasallo a unha persoa é unha forma de demostrar aprecio, amizade, cariño... ou simplemente, gardar as formas e seguir as tradicións. Cando fas un agasallo, tes en conta os gustos, afeccións, intereses, desexos, etc. e por suposto, a forma de ser da persoa á que vai dirixido o paquete.
Ocorréuseme a partires disto, facer agasallos a eses recentes amigos que sodes os blogueiros. É máis divertido porque o que coñezo de vos (e vos de min) é o que contades ou deixades entrever no blog. Con iso, tiven que facerme unha idea de que lle gustaría ao voso "eu" virtual. Pareceume unha forma graciosa de comezar o ano no blog.
  • Para a Raiña Vermella: Posto que gostas da música clásica e en especial de Bach, esta figura seguro que é do teu agrado.
  • Para Mario: atopei un instrumento que de seguro axudará a que sigas sacando bos posts.
  • Para Agurdión: Unha paisaxe da que tal vez desfrutes.
  • Para Arale: O mellor agasallo que pode recibir Arale. Pásao ben con ela.
  • Para o Moucho: Deixas bastante claro que eres Tulliano. Un obxeto de colección.
  • Para o Gato Violeta: Se che gustan as raspas e as cabezas, gustaránche tamén estes.
  • Para Natyara: Os gatiños gostan dos ratos, e as gatas curiosas precisan de ratos curiosos.
  • Para Cambote: Un conductista precisa sempre un destes para seus cans.
Agardo que, polo menos, estes agasallos servan para alegrar un pouco o día. Por se algún está interesado, o pastor eléctrico gosta das cousas coma esta.


Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 14:03:00 |


7 Comentarios:


  • At 4:10:00 da tarde, Blogger cambote

    esa é a palabra máxica: conductismo, ou conduccionismo... tanto da.

    Tanto me gustou a idea que penso ser copiota sen escrúpulos e facer eu tamén os meus agasallos.
    Se queres o teu a pasar pola miña casa.

     
  • At 7:19:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Un boneco de acción de Bach!!! Como mola!!!! Así podes esmagar a tódolos románticos maquiavélicos e aos maléficos dodecafonistas a golpe de baixo continuo. Ten accesorios? Podo mercarlle o Organotrón Ultradestructor ou o Megalaúde da Morte? Moitas gracias, Pastor. Encántame o meu agasallo;)

     
  • At 7:56:00 da tarde, Blogger Arale Norimaki

    Que sorpresa!! E qué regalazo!! O Dr.Slump xa me perdeu nas vindeiras 24 horas, qué ben o vou pasar!! Merdiña!!! :D Graciñas!

    Eu tamén teño un agasallo virtual, quería regalarche a segunda parte da curta do can, pero como non está na rede e che gustaran os ultimos vídeos que colguei pois regáloche este tema que xunta a plympton e weird al coa letra para que poidas cantalo ;) Espero que che guste!

     
  • At 10:50:00 da tarde, Blogger moucho branco

    viva vivaaaa..... si señor, nin a min mesmo se me ocorrería un regalo mellor para min mesmo!, :D

    mil gracias!

     
  • At 11:52:00 da tarde, Anonymous Anónimo

    Que curriños os meu ratos de cores! gracias!!

     
  • At 10:41:00 da manhã, Blogger Mario

    case consegues emocionarme e que volva a min un pouco do espírito do Nadal que tanto me empeñei en expulsar. fico obrigado.

     
  • At 11:14:00 da manhã, Blogger O pastor eléctrico

    Alégrome que tivera éxito esta ocorrencia/ida de olla que tiven. Gracias polos vosos agasallos tamén.