gardei rabaños máis alá de Orión...
30.1.07
Máis de detectives
Estou pesado co tema, xa o sei. O caso é que da para moito. Falaba, mellor dito falabamos, estes días atrás de detectives; tanto nos comentarios coma noutros blogs. Os porqués da afección que nos suscitaban, o feito de que non pasen de moda, as iconas que perduran, en fin; os modelos básicos de linguaxe literaria e cinematográfica (sen excluír á banda deseñada por suposto) que foron creados nun momento dado coas novelas de detectives e que agora son referencia de múltiples obras. Ao falar da súa influenza, non nos podemos limitar á temática. Hai moitos aspectos que crearon escola, como o vestiario, as poses e a música. A que ven todo isto? Pois ven ao conto dunha serie anime que tiven oportunidade de ver recentemente e que me recordou constantemente a Hammett e Chandler, pero non na trama (nada a ver), senón nas descricións de personaxes e lugares. A serie en cuestión é Cowboy Bebop. Narra as aventuras duns cazadores de recompensas nun futuro próximo á estética ciberpunk (o propio termo Cowboy recorda a Gibson) pero con pequenos matices. Hai moitos elementos da novela negra americana nesta producción xaponesa: personaxes solitarias, afeccionadas ao bourbon, vestidas á moda dos anos 40; locais de jazz clandestinos, gángsters, etc.
É unha adaptación curiosa e aínda que non creo que sexa a intención principal da serie, parece unha recreación en clave futura dos ambientes Chandlerianos. Semellábame imposible desviar a mente das vellas historias ao visionar Cowboy Bebop.

Todos estes elementos reforzan se cabe máis aínda a idea da grande influenza que exerceron estas historias en toda a producción futura.

Etiquetas: , ,

 
publicado por O pastor eléctrico ás 00:40:00 |


6 Comentarios:


  • At 3:52:00 da tarde, Blogger Arale Norimaki

    Oíra falar de Cowboy Bebop pero non sabía que iría nesa liña, agora chámame máis ;)
    Paréceme moi de agradecer a mención que fas neste caso á Banda Deseñada onde os perfiles chandlerianos están á orde do día e deron lugar a grandes personaxes e antiheróes como o meu venerado Constantine...

     
  • At 6:17:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Semalla que todos aos que nos gusta o jazz soñamos con beber bourbon na trastenda dun local ilegal, coa garabata frouxa e o chapeo botadado cara atrás:) É dicir, que somos en esencia un pouco chadlerianos. Teño que mencionar a outro dos meus detectives favoritos, Blacksad, que aínda que non sexa humano bebe das mesmas fontes. Tamén teño ganas de ler as novelas de Connolly, chamarlle Charlie Parker ao personaxe é todo un puntazo.

     
  • At 8:54:00 da tarde, Blogger Mario

    Do que máis gosto é de pensar que dentro de mil anos a xente seguirá a escoitar a Charlie Parker e seguirán pensando que era un xenio.

     
  • At 2:24:00 da tarde, Blogger moucho branco

    Nesta detictiveloxía quedome moi atrás, témome que a miña relación co universo da lupa quédase nas novelas de Conan Doyle, :P

     
  • At 3:22:00 da tarde, Blogger A rapaza do arco

    A figura do detective reservado e misterioso é irresistíbel, aínda que se trate dun gato, eu tamén gosto de Blacksad ;)Este cómic aínda ten un engadido máis: o ben conseguidas que están as caracterizacións como animais dos personaxes.
    O mellor de que todo isto perdure no tempo é que se van engadindo novos matices e adaptacións que lle dan unha riqueza ilimitada.

     
  • At 11:23:00 da manhã, Blogger O pastor eléctrico

    Pois si Arale, na banda deseñada poemos atopar como ti apuntas moitos referentes, alén de obras de grandísima calidade.
    Raína: Connolly é interesantísimo, á parte do tocazo de chamar bird ao protagonista, mestura moi ben o xénero detectivesco co paranormal.
    Estou contigo Mario. Loubemos a Parker.
    Bueno Moucho, Conan Doyle é unha das mellores plumas do xénero. Sempre te podes animar. Recomendoche a lectura de Hammett (Dashiell, non Kirk :p )
    Terei que poñerme un día con Blacksad, non o teño moi dominado, pero polo que me contas Rapaza do Arco, de seguro que o desfruto.
    A seguires a pista...