gardei rabaños máis alá de Orión...
19.2.07
O blogomillo coma hipertexto
Lin hoxe pola mañá o post da Raíña Vermella, no que falaba da divulgación científica. Referíase ela ao blog de gustavo harvey, que lle fixera lembrar a Carl Sagan e seu programa Cosmos e a Arale que lle suxerira o idea ao falares de divulgación . Agora aquí estou eu, referíndome a eles e facendo uso dos seus posts para elaborar outro. Todo isto leva á construcción (aínda que de xeito involuntario) dun texto que podería ser único, pero que á vez é varios e diferenciados. Por medio de enlaces achamos ideas ou adquirimos coñecementos doutras persoas, puntos de vista, etc. O rizoma de Deleuze ven a representar todo isto, bifurcacións que nos levan ao mesmo sitio e a sitios diversos á vez. Todo ata o infinito se se quere xa que quen lea isto podería seguir a cadea e incluso esa cadea podería voltar ás Ovellas e así de xeito cíclico.
Todo isto non fai máis que crear un hipertexto. Xa teño falado do blogomillo como xeito de expresión e de transmisión de coñecementos, de intercambio se se prefire.
Esto non son cousas novas, no ano 60 Theodor Nelson imaxinou o Xanadu Project. cuxo nome está tomado do poema Kubla Khan de T. Coleridge. O proxecto Xanadú sería unha sorte de Biblioteca Alexandrina virtual. G.P. Landow foi o primeiro en acuñar o termo "hipertexto", pero T. Nelson referíuno as aplicacións dos nodos/enlaces da rede informática para a literatura e o Xanadu Project sería o primeiro hipertexto neste sentido.
Xorde isto a partires do MEMEX (Memory Extension) ideado por Vanevar Bush, un axente da C.I.A. que pretendía crear un sistema capaz de asociar as ideas da xente, coa idea de que a mente das persoas funciona de xeito asociativo. Vanevar Bush publicou un primeiro artigo referido a novas tecnoloxías, As we may think; que serviu de precedente ao MEMEX. O MEMEX foi o predecesor do World Wide Web (as famosas www) que agora coñecemos, un hipertexto primixenio. O traballo de T. Nelson e o Xanadu Project están recollidos en Literary Machines.
Visto todo isto, é doado imaxinar esta rede nosa de expresión, opinión, divulgación... coma un grande nodo, un hipertexto colaborativo de xeito indirecto e non intencionado ás veces, pero que é un exemplo máis das aplicacións culturais das novas tecnoloxías. Etiquetas: Ciberespazo
publicado por O pastor eléctrico ás 12:42:00
|
-
Sospeito que a idea do noso Pastor Eléctrico é esa, recoller as ovelliñas, as ideas dispersas que os demáis deixamos polo ciberespazo e facer con elas un hipertexto, un rabaño coherente como o este PEDAZO POST (que ademáis coido que o escribiches esta mañá, así como quen non quere a cousa, hai que foderse). Así que As Ovellas Eléctricas funciona como unha estrela de neutróns no espazo profundo, un punto ao que todo volve no seu movemento arredor da galaxia.
-
Estou dacordo. É máis, sospeito que os hipertextos da rede abren novas posibilidades literarias e creativas alén dos manidos clichés da individualidade creadora e soberana medieval... Evocando modelos diferentes, como a 'opera aperta', tanto de Eco como da Idade Media...
Unha escrita común e participativa que rache as fronteiras ríxidas entre productor e consumidor. E unha esfera de intercambio. Soa a Utopía? Pois estamos a construíla...
-
Moitas grazas por esta abraiante "breve historia da www for dummies" (aínda que non o pareza é un eloxio). O certo é que non tiña nin idea de como se xestara a rede de redes. Polo demáis, concordo contigo, o sistema en rede ten a grande fortaleza da súa multidireccionalidade, non hai centros indispensables, e a hipertextualidade (aínda que sexa primixenia) avénse con ese xeito asociativo que ten a nosa mente de maquinar.
-
se é que logo vos pesa a cabeza de tanto pensar.
eu son mais prosaico e me limito a dicer algo como "pois lendo tal cousa no blogue de tal, ocorréuseme...", pero así tamén vale, tá ben explicado, :P
-
O que dá así un pouco para atrás é que fose un Bush que traballaba para a CIA.
-
Mira que oín falar dos memes, ou memés, e nunca puiden entender o que eran. Como as morrés das que falaba miña avoa, que dicía que as veu no avión viaxando para a arxentina... dios bendito! e seica ten algo que ver coas patacas cocidas no monte, na terra, que cando se destapan botan unha nubeciña.
-
Incrível! Eu implicado em posts tam profundos de pensamentos filosóficos... será que nom som tam moderno... serei um pensador do século XXI? Isto vai a ser como o aparelho aquele da empatia no livro de Philip K Dick que honras no título do teu blog... subindo a montanha até o cumio sentimos como nos golpejam as pedras que tratam de impedir que cheguemos a descobrir a nossa própria verdade... Viva a empatía e o orgasmatrom!
-
A verdade é que semella cousa de maxia! estou segura de que antes de que isto aparecese ninguén podería imaxinar que a maneira de comunicarse e intercambiar coñecemento fose a cambiar tanto e dar semellante salto. Unha das cousas que máis tira disto é a posibilidade inmediata que che dá de ser un axente activo nesa rede, elexindo os derroteiros ou deixando comentarios ;)
Super interesante como vas formando un rebaño selecto.
-
Gracias polo xabon Raiña, voume poñer colorado... O feito é que todos os blogs funcionan ao xeito, ao estarmos intercomunicados polos comentarios ou as referencias nos posts.
Si FraVernero, a rede da posibilidades novas no que á literatura e a arte en xeral se refire, tanto a nivel creativo (como ben dis, non ten que haber un único autor) como a nivel de difusión e recepción do, neste caso; texto.
Gracias a ti (e a todos) Arale por leres isto. A miña intención era explicalo de xeito sinxelo, porque é un tema moi amplo e que pode chegar a ser confuso se non estás moi familiarizado con él.
Bueno Moucho, para outra vez aforo o rollo ;)
É curioso verdade Mario? Se che serve de algo, Vanevar non é parentes dos Bush e o que pretendía co seu proxecto era unha sorte de intercomunicador para as tropas.
Non sei se o dos Memes ven a raiz diso, se cadra pode ser. Gracias polo apunte Cambote.
Que viva! gustavo harvey, se eu tivera un aparello de empatía de seguro que non o puña en modo depresión como a muller de Deckard.
O rabaño formámolo entre todos arqueira, ao deixar comentarios e facer os vosos posts, que me poden dar ideas ou nos que eu deixo os comentarios e logo todo volve ao mesmo punto.
Moitas gracias a todos por visitar asovellas e polos vosos comentarios.
-
xa habia tempo que non vos facia unha visita, como amante da banda deseñada, encántame este redeseño, aínda que din que lemos de esquerda a dereita, os meus ollos ficaron inamovibeis no cuadriño filtrado pola persiana en amarelo: I want you. I...want you que se repite nun eterno bucle que me define actualmente...e que ten que ver esto co hipertexto, os nodos e a memoria colectiva da rede? nunca vos pasou que unha ovella descarriada ergue a man e di, cambiando de tema...
Sospeito que a idea do noso Pastor Eléctrico é esa, recoller as ovelliñas, as ideas dispersas que os demáis deixamos polo ciberespazo e facer con elas un hipertexto, un rabaño coherente como o este PEDAZO POST (que ademáis coido que o escribiches esta mañá, así como quen non quere a cousa, hai que foderse). Así que As Ovellas Eléctricas funciona como unha estrela de neutróns no espazo profundo, un punto ao que todo volve no seu movemento arredor da galaxia.