gardei rabaños máis alá de Orión...
15.3.07
Manual para a pedantería profesional
Falar de libros que non se leu, está claro que quen máis e quen menos fixo algunha vez isto (podería aplicarse a outros eidos, coma o cinema). Disto trata un libro escrito polo profesor de literatura e psicanalista francés Pierre Bayard. O título é Comment parler des livres que l'on n'a pas lus?, que ven ser Como falar de libros que non liches?
Esta práctica resulta máis corrente do que semella, xa que como o propio autor sinala, é imposible ler todo: os clásicos de tódolos sistemas, as novidades, as propostas menos convencionais, os Best Sellers... No caso destes últimos, o caso faise máis notable, xa que todo o mundo fala deles con "coñecemento de causa" pero non todo o mundo os leu, aínda que como si que o fixo moita xente, semella que non se nota. Créase unha opinión sobre eles que é inherente a toda a poboación, un feito realmente curioso. Pasa tamén cos grandes clásicos canónicos. Se o pedante de profesión despreza os best sellers sen lelos, non sempre leu aqueles que cita e que pon como referencia sempre que pode.
Comentábame un amigo onte que existe a outra vertente, que é a de aquel que si que os leu pero négao por non axustarse ao que deberan ser as súas lecturas, ou mesmo os autores que negan ter lido nada posterior á súa xeración, nun alarde claramente esnob e lixeiramente patético na miña opinión (espero non recibir moitas pedras por isto...)
O caso é que o pedante si que é unha persoa entregada ao seu traballo, adícase a el as 24 horas do día, case nin durme, é capaz de estar ás 3 da mañá no medio da pista dunha disco rodeado/a de xente e aínda así falar de Tolstoi ou da necesidade de recuperar o teatro isabelino. Por sorte a esas horas hai remedios moi bos, como desviar a vista cara os diferentes corpos que te rodean ou se cadra ir pedir unha cervexa máis. Incluso 3 copas, non hai 3 malo. Se os funcionarios traballaran tanto como os pedantes, este país e o do lado andarían moito mellor.
O dito, este libro é un manual imprescindible para a profesión, é ao pedante o que Star Wars ao friki. Por se alguén está interesado e non sabe francés, seica Anagrama vai publicalo en español en breve. Eu xa teño ganas de botarlle unha ollada, ou se cadra non, pero farei como que si que o lin. Etiquetas: Literatura
publicado por O pastor eléctrico ás 19:17:00
|
-
A verdade é que diso hai moito, eu creo que a relación que o pedante ten co que sabe é que non lle basta con sabelo, ten que sacarlle rendemento e tráelles sen coidade que aos demais lles importe moito ou pouco o que están a dicir. No fondo o que ocultan é unha enorme ignorancia, que comeza por non saber levar unha conversa. Ai, canto monólogos deses teño aturado eu....
-
Bueno, a min me gusta facer ostentación das miñas cultivadas parcelas de ignorancia, así que cando non lín un libro, que é case sempre, pois non o lin e xa está... os pedantes só teñen que descubrir o encanto das parcelas de ignorancia persoal.
-
Ladrillo sen cemento...
eu normalmente non falo de libros que non lin, ou pelis ou así, o máis que chego a facer cando me colocan a ultrachapa sobre algo é o do "si, si... claro", acompañando coa cabeza ou co xesto... onde si que teño metido a zoca é en movidas de filosofía ou en política e esas cousas, falar sen saber.
O das discotecas é un sacrilexio.
-
Home, cando traballaba no bar, o día que un camioneiro se me puxo a falar de Dostoievski ás 10 da mañá fiquei boba. Só polo surrealista da situación xa a desfrutei. Mais tes razón co dos pedantes profesionais e coa sofisticada labor de falar do que non se sabe. Haberá que botarlle un ollo ao libro, aínda que sexa como medida preventiva ;)
-
Bon, tamén se dí que antes se pilla a un mentirán que a un coxo. Certamente, se liches o que está a comentar alguén que non leu do que fala, é moi doado descubrilo en renuncio...
Sobre discotecas e pedantes, creo entender que o 'home que fuma' (que é o título emprestado de expediente X co que nomeei ao corta-tickets do Valle-Inclán, clon de Damián Villalaín, fumador de puros e home sempre acompañado de libros) ten estado ao parecer no Maycar (publicidade gratis, amigos!) coa música a toda pastilla e un libro aberto... Anque ese home entraría (como tantos outros) nunha definición de 'pendante' que escapa á empregada na entrada... Non dubido que alén de postureos, le os libros dos que fala...
-
Lúcido retrato social, Pastor. Os pedantes son molestos coma moscas de verán (sobre todo no Maycar) pero a min case me molestan mais os que se pavonean do que non leron, ou directamente de que non len, como se ti foras un matado por ter determinadas aficións, ou formaras parte xa da corte dos pedantes só por ler. Pois non, amigos. Ser pedante é unha actitude ante a vida, e esixe esforzo e traballo. Non vale calquera para ser pedante.
P.D: o tío dos Valle Inclán a min non me parece pedante. Se cadra hai que facerlle unha categoría á parte.
-
É como cando intentas ligar mais non sabes que dicir... Falas e falas até que se aburre e marcha, máis ou menos é iso, non Mario?
As parcelas de ignorancia son unha cousa moi de aprezar, pero pode dar pe a un pedante para que te cultive de máis Moucho.
Si que é un sacrilexio Cambote.
Eso que contas de Dostoievski valería para unha peli Arale, non te animas?
Certo o do mentirán FraVernero, todo o mundo se delata, o pedante non vai ser menos.
Gracias polo de lúcido Raíña, non ler é como non foder, provoca malestar no corpo e leva a ter malas formas.
-
Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!
A verdade é que diso hai moito, eu creo que a relación que o pedante ten co que sabe é que non lle basta con sabelo, ten que sacarlle rendemento e tráelles sen coidade que aos demais lles importe moito ou pouco o que están a dicir. No fondo o que ocultan é unha enorme ignorancia, que comeza por non saber levar unha conversa. Ai, canto monólogos deses teño aturado eu....