gardei rabaños máis alá de Orión...
7.3.07
Iwo Jima
Por fin, o asunto chegou a súa fin. Fun ver "Cartas dende Iwo Jima" o pasado luns. O filme é dunha factura tremendamente sobria e conseguida. Completa (e fecha o círculo en certa medida) ao outro filme, pero tómase de forma ben diferente. Se na primeira entrega, a do bando americano, a historia xiraba ao redor do uso dunha fotografía como medio propagandístico por riba dos soldados, agora céntrase na realidade dos xaponeses, convertidos en soldados para defender o seu país. Gardan certa semellanza na mensaxe, xa que reflicten o desinterese dos respectivos gobernos pola vida dos seus soldados (con casos excepcionais). O importante era vencer a guerra, pero nesa abstracción, esquecíanse de que se perderían milleiros de vidas.No filme non nos presentan aos xaponeses como os "bos" ou os "malos" da película, intenta representar unha situación, a súa convivencia e o sentimento do pobo xaponés, obrigado a tremendos sacrificios por culpa de intereses políticos.Pódese observar tamén como dalgún xeito, a 2ª GM servíu como punto de inflexión na vida no xapón. A mestura de elementos moi tradicionais con outro modernos. Se ven naquela altura Xapón non era a potencia tecnolóxica que é hoxe en día, si que comezaba a cambiar progresivamente cara unha modernidade próxima á occidental. Vémos isto na propia forma de encarar o conflicto, os xaponeses confinados na illa sabían da imposibilidade de salvar a vida de non vencer aos americanos, cousa que se lles antollaba case imposible. Aínda así, antepuñan o sagrado deber da defensa da patria, á "cobardía", manifestada nunha rendición ou captura. Certo é que non todos os soldados eran iguais.De todos xeitos, e deixando o argumento de lado, o feito máis chamativo é que o filme non está dobrado. Foi unha grata sorpresa. Se xa de por sí, os filmes perden moito na dobraxe, neste en concreto, perdería o significado total. É imposible representar nun idioma occidental unha ideosincrasia tan diferente como era (e posiblemente aínda o sexa) a xaponesa. Non tería significado algún ver aos soldados xaponeses berrar "Banzai" e a contunuación dicir "vamos a por ellos, muchachos". Ou que os americanos falasen un español con acento ianqui cando aparecen. Salvando os convencionalismos do cinema americano, non se poden expresar moitas das expresións xaponesas, xa que van acorde cunha xestualidade diferente da occidental.Debería servir coma comezo para deixar de dobrar o cinema, senón todo, polo menos aquel que perde significado na dobraxe, chegando a modificar a idea substancial do filme.
Etiquetas: Cinema
publicado por O pastor eléctrico ás 11:41:00
|
-
Das tres ou catro ideas soberbias, que valerían para desenvolver en post por separado. O da doblaxe é unha putada en tódolos casos, pero doblar do xaponés é aínda peor, porque tes razón que se perde grande parte do contido, das formas, das expresións... Despóis quedan esas cousas tan raras, dos xaponeses falando á occidental, en forma e contido, pero actuando, claro, á xaponesa, que non ten nada que ver.
Por outra banda, déixasme pensando no shock que tivo que supoñer a 2ºGM, o emperador obrigado a recoñecer que non era divino, o choque entre modernidade e tradición (do que semella que aínda non se recuperaron)... A cultura xaponesa é unha das máis complexas e fascinantes do mundo.
P.D: outra cousa que me obsesiona e o dos kamikazes, suicidándose na nube de anfetaminas que lles metían antes de despegar, e ese estrño concepto deles da honra por riba da propia supervivencia. Modernos samurais.
-
Haberá entón que ila ver, semella interesante o que nos contas da peli.
-
Eu é que os filmes que vin en versión orixinal son incapaz de volvelos ver dobrados, e se os collo na tele por casualidade cambio como se estivese a ver ao demo.
Moi interesante o da cultura xaponesa, xa que pasou de ser unha sociedade "medieval" á revolución industrial e á modernidade practicamente dun día para o outro. Hai un manga que está ambientado precisamente na época da revolución da luz, con moita intriga política, pero non sei como se chama (podes investigar). Un sáudo.
-
Estoui dacordo con todo o que dis Raíña, Xapón ten moito que ofrecer e todo diferente ao noso. O das ideas para posts para desenvolver, adiante! Ti ou quen queira, para iso temos a rede.
Cambote, se tes ocasión de vela, non a deixes pasar.
É un shock iso dos cambios de voz Mario, a min pasoume ao revés fai alguns anos, cando escoitei por vez primeira a voz de Bogart.
Por certo, non sei se te referiras a Last Exile, unha serie anime steampunk que se asemella bastante ao que dis.
-
totalmente dacordo. A dobraxe é unha praga abominable, me crisspa, é xente falando por riba dos actores e coméndose unha parte fundamental da súa interpretación.
O dos Kamikazes era a hostia, pero o exército imperial xaponés seguía a aplicar o código Bushido, un dos mais antigos cñodigos militares do mundo. Tela.
-
Teño ganas de ver esa película.
Falando das dobraxes, son consumidor de series americanas (Lost e Prison Break) en versión orixinal a ritmo EEUU e efectivamente unha serie ou película perde moito coas dobraxes, pero tamén é certo que se non sabes o idioma perdes moitos detalles lendo os subtitulos.
Haberá que facer o curso ese do "profesor maurer" :)
-
Pastor, si que deche nun punto crítico para min ao apuntar o da voz de Bogart, eu tamén son unha completa defensora dos subtítulos pero as del prefiro velas traducidas porque as primeiras que vin foron coa voz do traductor e a verdade é que a súa non se corresponde moito coa imaxe que temos del.
Polo demais, traducilo todo como se fai aquí contribúe a crear monstros como o que falaba a Raíña dos pastiche entre cultura e ritmos xaponeses con expresións e acento occidentais, se xa nos custa entendelos así é aínda máis difícil.
-
Xa me tarda irlle botar un ollo... de feito, creo que a vou ir ver antes que 'Banderas de nuestros padres'.
Esas situacións tráxicas sempre espertan moito a miña curiosidade. É o que pasaba tamén co 'Afundimento' do ex-director de 'Rex'. Escearios de traxedia e innúmeros mortos... a barbarie que o ser humano colleitou sobre sí no breve século XX...
-
Fagamos unha plataforma contra a dobraxe dos filmes Moucho! Eu con iso dos xaponeses de se matar pola honra sempre flipei bastante, aos seus ollos eu debo de ser desprezable...
Non a perdas Suevo, é moi recomendable. Co que dis dos subtítulos, si que é certo tamén que en certas ocasións un prefire ver as cousas dobradas, pero eu polo xeral...
Arqueira, únete á liga anti-dobraxe ti tamén. A Bogart non se lle debería deixar falar en V.O. perde todo o encanto.
Non ten perda o filme FraVernero, vai antes que o quiten por unha pastelada.
Das tres ou catro ideas soberbias, que valerían para desenvolver en post por separado. O da doblaxe é unha putada en tódolos casos, pero doblar do xaponés é aínda peor, porque tes razón que se perde grande parte do contido, das formas, das expresións... Despóis quedan esas cousas tan raras, dos xaponeses falando á occidental, en forma e contido, pero actuando, claro, á xaponesa, que non ten nada que ver.
Por outra banda, déixasme pensando no shock que tivo que supoñer a 2ºGM, o emperador obrigado a recoñecer que non era divino, o choque entre modernidade e tradición (do que semella que aínda non se recuperaron)... A cultura xaponesa é unha das máis complexas e fascinantes do mundo.
P.D: outra cousa que me obsesiona e o dos kamikazes, suicidándose na nube de anfetaminas que lles metían antes de despegar, e ese estrño concepto deles da honra por riba da propia supervivencia. Modernos samurais.