gardei rabaños máis alá de Orión...
25.2.07
Só para FFVII maníacos
Aos que desfrutáchedes (ou desfrutades) o Final Fantasy VII tanto ou máis ca min, isto seguro que vos pasou algunha vez. Coma moita xente, ás veces, cando estou distraído ou entretido con algo, sáenme de xeito espontáneo certas melodías polos beizos. Normalmente dalgún tema que escoitara recentemente ou dos que teño sempre na cabeza como "intocables". Pois ben, o caso é que un día levaba eu un bo anaco tatarexando unha melodía con certo sabor rockeiro, de feito, ao principio coidaba que era un tema de Dream Theater, polo toque guitarreiro, mais foi unha grande sorpresa para min decatarme de que estaba errado. Era unha melodía do FFVII, das que aparecen moito ao longo do xogo (neste caso no HurryUP), e eu estaba alí, concentrado noutras cousas e poñéndome banda sonora. Se cadra foi un mecanismo innato da mente para, dalgún xeito, meterme présa e rematar dunha vez o que estaba a facer.
O feito, como cabería esperar, repetiuse varias veces máis ao longo dos días seguintes. A melodía non saía da miña testa, era como cando o verán contamina o teu bo gusto con "cancións" que te golpean a cabeza día e noite, salvando as distancias claro está. Foi ahí cando acudín na procura de axuda, meus amigos Google e Wikipedia ofrecéronme de xeito amable o seu consello e descubrín que non era o único. Resulta que hai xente que da concertos multitudinarios tocando eses temas e polo tanto, público que tatarexará os temas dos que máis goste no baño, no bus, etc. Xa non era o único. O grupo en cuestión chámase The Black Mages (aos seguidores de FF seguro que vos soa o nome), e o seu lider (o do mostacho) é Nobuo Uematsu, que é o compositor dos temas de toda a saga
Final Fantasy. É sorprendente ver o diferente que é Xapón ao resto do mundo, non me imaxino a este grupo de xira por estes lares, aínda que a experiencia podería ser positiva, polo menos para min, así xa non estaría preocupado por tatarexar melodías de videoxogos para me dar présa en facer as cousas.
O grupo en cuestión soa ben e a posta en escena é imponente, non sei que opinará o Moucho que é máis docto en temas de Rock progresivo. Dubído que achen un oco no seu canon de bandas de culto, pero o certo é que soar, soan ben.
Collín prestado de YouTube este vídeo, que aínda que non ten moi boa calidade de imaxe, permite ver o que falaba antes. O coro de Sephiroth é un puntazo.
Que o desfrutedes.

Etiquetas: ,

 
publicado por O pastor eléctrico ás 10:47:00 |


7 Comentarios:


  • At 7:20:00 da tarde, Blogger moucho branco

    Que grandísimo post, amigo pastor!

    Comentar antes de nada que Final Fantasy son verbas que me chegan á alma. Considero a VII entrega o mellor videoxogo xamais realizado. Pero non remata aí a cousa. Este nadal rematei de gañar sona de friki cando acertei unha resposta no trivial que ninguén sabía, que non era outra que quen compuña a banda sonora da saga de xogos "Final Fantasy"... Como non ía coñecer a Nobuo Uematsu cando é dos poucos xogos que gañaron a grande honra de non precisar baixar o volume para seperpoñer música verdadeiramente épica!... Merquei a banda sonora orixinal de FFVII en norma cando aínda estaba na coruñesa rúa de san andrés, directamente importadiña de xapón. Os FF son moito mais que xogos, levan moito mais aló que calquera outra saga a creación de aventuras épico-fantásticas verdadeiramente colosais que co paso dos anos lembras coma se fosen boas películas... por certo, o VIII tivo tamén algún tema coral para gozalo. Agora estou xa xogando ao XII, que merquei relixiosamente o venres, no día en que saía no mercado español con moitísimo retraso, e a música anque non é de Uematsu camiña sobre os lugares comúns trazados por este. Tanto tanto, que a sintonía inicial é a mesma que a de precisamente FFVII.

     
  • At 10:30:00 da tarde, Blogger FraVernero

    Vaia, o...
    temo que me queda algo lonxe a saga 'Final Fantasy' (nunca xoguei), anque sí conecte coa fugaz referencia a Dream Theatre, un dos meus grupos progresivos favoritos -xunto con King Crimson, entre os menos coñecidos-.

    O Oriente que nos agasalla as súas miradas... tamén me temo que eu aínda miro moito máis no espello resquebraxado dos seus clásicos (compra carísima e recente do 'Genji Monogatari') con pequenas excursións no Manga...

     
  • At 12:37:00 da manhã, Blogger Arale Norimaki

    Como producto dunha mente xaponesa, non podo senón compracerme das filias niponas do pastor. Aínda que confeso que nunca xoguei ao Final Fantasy, as pezas de Uematsu están na biblioteca do iTunes para escoitar de cando en cando :D

     
  • At 5:26:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Isto si que é épico, lírico e melódico, que diría o Moucho! Está claro que os xaponeses manteñen un sentido épico que parece que os europeos perdemos. Eu tampouco xoguei nunca ao FF, pero resúltanme moi atractivos os gráficos, son espectaculares! Igual algún día me da por recuperar o tempo perdido;)

     
  • At 8:28:00 da tarde, Blogger Agurdión

    Bueno, bueno, bueno, buenooooooo... Nobuo Uematsu, e acabas de descubrilo. Como fanático da música sinfónica, o Nobuo éste non podía pasarme por diante se chamarme a atención. Pódoche dicir que teño prácticamente a discografía completa, tanto en sinfónico como en piano. Menudo cirio se montara cando elixiran a Eliot Goldenthal para a música de The Spirit Within, ainda sendo quen é o Goldenthal. En todo caso, en semellante trampa de película, estaría totalmente fóra de lugar.
    Os mellores discos son o 2002 Concert, xa en plan grande orquestación wagneriana, e aparte a Simphonic Suite, das miñas preferidas, con música dos FF I, II e III. Tamén por ahí anda un disco máis misterioso que baixei hai anos e que agora xa non está nin na mula que se chama Final Fantasy VI Grand Finale. Aparte, dos Black Mages, ainda que non me apaixoan , teño algo. Aquí os teño postos, na biblioteca de Historia! Escoita, e xa cambiaremos impresións.

     
  • At 9:12:00 da tarde, Blogger Mario

    Mimá, se houbese un premio á postaxe máis friki do ano eu nominaría esta. Aver se consigo algo do rapaz este, que parece que non está mal.

     
  • At 11:37:00 da manhã, Blogger O pastor eléctrico

    Ante todo desculpade a tardanza en contestar, pero andiven algo ocupado estes días.
    Moucho, eu tamén son da idea de que é o mellor dos Final Fantasy e, polo tanto , dos videoxogos cabería dicir. A historia, o modo de xogo, etc. é xenial. No que respecta a Uematsu, non o coñecín até hai ben pouco, pero foi unha boa descuberta.
    O Xapón é fonte inesgotable de entretemento FraVernero. Se non xogaches a ningún dos xogos da saga FF, recomendoche polo menos que vexas o filme FFVII: Advent Children
    Pois si Arale, non te celes que o Dr.Slump tamén entra dentro das miñas filias.
    Recupérao Raíña, é un xogo que debería ser materia obrigada na secundaria.
    Non sabía da túa afección ao Uematsu Agurdión, pero vexo que tes unha serie de albumes interesantes para compartir...
    Non penses que é a máis friki Mario, de seguro que veñen outras peores...