gardei rabaños máis alá de Orión...
3.3.07
Estado: Ausente
Levaba xa uns días desaparecido destes mundos virtuais. Nestes días, volvín sofrer a chuvia que a todo ser medio mecánico ou eléctrico lle senta tan mal. Así é que estiven un pouco apartado das cousas de aquí e tamén do resto do mundo.
Foi en certa medida unha semana de reflexión. Tiven tempo para pensar en facer moitas cousas, pero non fixen case nada, é o que teñen os fallos no sistema.
Entre outas cousas, tiña pensado ir ver Cartas desde Iwo Jima. Por qué esta en concreto? Pois porque fun ver Banderas de nuestros padres e produciume un certo sentimento de que podería estar mellor se non fose tan americana. O de americana non so polo punto de vista dos feitos, senón polo tratamento e a posta en escea (por momentos parecía Salvar al soldado Ryan). É un sentimento que me provoca a miúdo o cinema de Clint Eastwood. Recoñezo que é un dos directores dos que gosto, algunhas das súas películas parecéronme magníficas, ademais de que como actor marcoume profundamente, Harry el sucio e sobre todo as súas aparicións nos filmes de Sergio Leone; pero é que por riba de todo, segue a ser amaricano (e como apuntou un amigo: vello) e iso ás veces é perxudicial para o resultado final.
Finalmente non fun, e polo tanto, sigo nas mesmas. Agardo poder ir ao longo desta semana e así poderme facer unha idea máis concreta sobre este novo traballo de Eastwood compretando o círculo. Teño moita intriga por saber se neste filme, o punto de vista non é o único xaponés.
Tamén houbo tempo para sorpresas inesperadas (sorpresa e inesperada semella non quedar moi ben xuntas, pero queda así). Catro meses despois do meu cumpreanos, recibín un agasallo! Fíxome moita ilusión, e fixo que sorpresa e inesperada si que cobraran sentido postas xuntas.

Etiquetas: ,

 
publicado por O pastor eléctrico ás 11:49:00 |


9 Comentarios:


  • At 9:59:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    O dos agasallos a destempo é tipico dos amigos voluntariosos pero despistados, pero mais vale tarde que nunca, non si? Ademáis, así podes celebrar o non-aniversario, como en A Través do Espello. ;)
    Xa nos contarás da peli de "Cartas desde Iwo Jima". Moi ti, iso de buscarlle os tres pés ás ovellas e querer ver as cousas dende varias prespectivas. Así despois saen esas visións tan interesantes que das.

     
  • At 9:59:00 da tarde, Blogger Alba Sandá

    As semanas de reflexións é o que teñen, xurden miles de planes, é o final quedamos na casa vendo a vida pasar.
    Sobre o cine, ven, no meu caso, Banderas de nuestros padres encantoume, é iso que fun a vela a regañadientes, pero concordo en que vexas cartas desde Iwo jima, para min foi coma completa-la pelicula.
    Un saúdo

     
  • At 10:07:00 da tarde, Blogger moucho branco

    Pois Clint Eastwood leva tempo intentando desmarcarse da industria norteamericana. A min paréceme un dos dous directores vivos dos EEUU verdadeiramente brillante, unha especie en perigo de extinción.

     
  • At 10:23:00 da manhã, Blogger O pastor eléctrico

    Pois si que é boa idea iso do non-aniversario! Convidado todo o mundo ao meu non-aniversario o día que lle prazca!!!
    No que se refira ás semanas de reflexión Natyara, neste caso foi obrigada... Xa contarei que tal esta nova entrega...
    Moucho, non pretendía dicir que o cinema de Eastwood fose unha mestura de clichés como adoitan ser os filmes americanos. Senón que Eastwood é un tipo moi americano en esencia, op que se reflicte no seu cinema. Aínda así, moitas veces non desmerece para nada o resultado final. Como dixen, é un dos meus directores preferidos. Encántame a sobriedade que teñen algunhas das súas obras mestras e o ben que se soubo adaptar ao cambio de diante a detrás das cámararas.

     
  • At 3:37:00 da tarde, Blogger FraVernero

    Bon, estamos nunha situación moi similar... tamén me apetecía it ver a peli de Eastwood na súa versiión nipona, anque a que quería ver a semana pasada e non puiden (máis que pola chuvia, porque o garrulo amigo que ía ir comigo me deixou na estacada) foi a óscar a mellor película en língua estranxeira (é que non lembro o título...) sobre espionaxes na extinta RDA.
    A ver se esta semana (anque teño moitos gastos, relacionados con eses cumpreanos dos que falabas... malo que os amigos cumpran polos mesmos días).

     
  • At 10:06:00 da tarde, Blogger Mario

    Eu concordo en canto ao de Eastwood, será un dos grandes, pero debe ter até os calconcillos co deseño da bandeira americana. Polo menos é consciente de que hai "outros" que vivían a guerra doutro xeito, que non é pouco se temos en conta a outros cineastas yanquis.

     
  • At 9:16:00 da manhã, Blogger Arale Norimaki

    Espero que os seus circuitos non se danaran máis aínda coa que caeu onte, os meus están escaralladiños de todo...
    Ando tamén eu con ganas de ir ver a de Iwo Jima aínda que xa escoitei opinións do máis variado. A que comenta Fravernero "A vida dos outros" decepcionoume bastante aínda que se deixa ver.
    Por certo, feliz non-aniversario!

     
  • At 11:40:00 da manhã, Blogger O pastor eléctrico

    O dos gastos creo que é o que nos fai iguais a raza humana FraVernero, deberían sacar un bono-ocio-tarifaplana. Para poder acceder a todo o ocio por X cartos ao mes. Eu apuntaríame.
    Si Mario, con todo e ser sumamente americano, é de agradecerlle ao sr. Eastwood o feito de non crerse os únicos habitantes do planeta.
    Gracias pola interese Arale, meus circuitos melloran co paso dos días e as tartas máxicas que fabrican certos seres mitolóxicos ;)
    Grazas polas felicidades, a ti tamén te desexo un feliz non-aniversario.

     
  • At 11:58:00 da manhã, Blogger A rapaza do arco

    Eu tamén aposto polo bono-ocio-tarifaplana :) Supoño que o problema da maioría dos americanos é que por moi boas intencións que lle poñan non poden fuxir do seu contexto realmente fachado. A pesar de que non o percibamos sempre, eu comezo a crer que a mentalidade e a cultura estadounidense, porque é un mundo en si mesma (así se concibe a si mesma e así actúa),nos queda case tan lonxe coma outras culturas de oriente, aínda que non o pareza na superficie. Sempre chirría algo.