Non é único o caso do grande Bender, xa hai moito tempo que o home intenta semellarse ás máquinas, polo menos naqueles aspectos característicos, como a forza, a resistencia, a potencia... e tamén non apéndices extensibles, prénsiles, etc. Xa na literatura, Marie W.Shelley ideara o primeirizo home-máquina, ainda que distaba un pouco do que asociamos agora cun cyborg, é moi posible que fóse o primeiro da historia. O cyberpunk popularizou xa na década dos oitenta do pasado século estes homes-máquina, e o cinema presentounos ao grande público sempre coma entes desumanizados, demasiado robóticos, que empregaban a forza cada vez que tiñan a ocasión.
Esa deshumanización é tema central de toda a literatura cyberpunk, aínda que xa aparecera na literatura de ciencia-ficción anterior, na obra de K.Dick é recorrente por exemplo. Toda esta estética está presente no traballo de xente como Stelarc.
Stelarc é un performancer australiano de orixes chipriotas (STELius ARCadiou) que leva dende os 70 traballando sobre estas bases do corpo modificado por medios mecánicos. Nas súas representacións, traballa con brazos mecánicos, soportes de oito patas, etc. Son tremendamente curiosas, e ademáis ten moito éxito, é raro ver unha actuación súa da que non se vendesen todas as entradas.
Este mércores día 21, actúa en Santiago de Compostela Marcel.lí Antúnez na Sala Nasa. Marcel.lí foi fundador de La fura dels baus mais abandonou o proxecto por diferenzas creativas. Seu espectáculo incorpora ademais dos elementos mecánicos os elementos virtuais, nos que o público é un factor moi importante. A interacción entre o espectador e o performer chega aquí a novos niveis. Se tedes ocasión de asistir, non o dubidedes. Se non, sempre poderedes montar a vosa "propia performance, con casinos... y furcias".
Etiquetas: Ciberespazo, Ovellas domésticas, Televisión
Por fin blogger apiádase e déixame comentar! Cando lin o título, pensei automaticamente na estación espacial-casino (con forma de ruleta) de Cowboy Bebop, pero non me pegaba o das furcias:p
Bender é o "iso" freudiano que pula por saír en todos nós. Egoísta, maleducado, irresponsable, autodestructivo... todos somos un pouco así, ou quereriamos selo nalgúns momentos. Soltar todo o que pensamos, facer todo o que nos apetece sen pensar nas consecuencias. Odioso pero adorable. Todos somos Bender!