gardei rabaños máis alá de Orión...
9.4.07
Máis canons
Lía uns días atrás en El Pais unha entrevista a Carl Goodman, subdirector do Museum of the moving image (Astoria, N.Y.). Nela falaban dos videoxogos coma forma de arte, incidindo en que, coma no caso do cinema, hai casos nos que teñen un compoñente artístico máis forte que o do entretemento, que é a función básica dos videoxogos. Abordaba tamén o feito de que os videoxogos xuntan moitas características diferentes como tecnoloxía, deseño, arte, mercado... Son polo tanto un producto moi elaborado e complexo, que aínda que coma fin último ten o entretemento, é moito máis o que poden ofrecer.
Falaba tamén do borroso dos límites entre o virtual e o real. Consideraba Goodman que o mundo real estaba máis relacionado do que parece co virtual, xa que é unha experiencia en liña coa realidade e que as experiencias veñen de volta ao mundo real contigo. Nese sentido, coido que é interesante ver o xeito en que nos conportamos neses mundos virtuais, no que levamos a cabo actitudes e habilidades que no mundo real nos son alleas, é ao meu entender un campo de investigación moi interasante e aínda por descubrir.
Ao final da entrevista viña o máis interesante: o primeiro canon dos videoxogos eleborado na Game Developers Conference (03-2007 San Francisco). - Spacewar!
- Star Raiders
- Zork I
- SimCity
- Civilization I/II
- Tetris
- Super Mario 3
- Doom
- Sensible World of Soccer
- Warcraft (Series)
Eu boto en falla algun Final Fantasy, pero destes quedo co Warcraft. Con cal quedades vos?
P.D. Este canon si que é de coña, p... SGAE Etiquetas: Videoxogos
publicado por O pastor eléctrico ás 11:51:00
|
-
Mmmmm, deses Civilization non podo falar porque so xoguei o III, pero podería escollelo. Entre ese e o Doom non sei non sei...aínda que máis adictivo que o Tetris pouco podo imaxinar.
Eu boto en falta algunha aventura gráfica de Lucas...Monkey Island!!!
-
Non está moi aliñado coas miñas preferéncias na materia, este canon... pero destes quedaría co tetris, unha xoia de puzzle que me fixo tirar moitas horas practicando albañilería ante a pantalla. Despois o Civilization e o sim city, que sen ser para min da mellor estatéxia pois están moi divertidos. O warcraft sería o tipo de xogo que me gusta, pero ese en concreto nunca me chistou. O mario non fixo, sempre se me deron mal os plataformas, non teño ollo para dar botes precisos, :P
-
o debuxo é ben chulo e ademais ten esa cousa quen din que caracteriza a arte últimamente: a perda de profundidade. Debuxos planos.
a arte está averywhere.
-
Ou, o Monkey Island 2 podería ser a mellor aventura gráfica, apoio a moción aliandra. O doom era divertido, mais eu até o Quake non me afeccionei en exceso ao xénero.
Non gostas do Warcraft Moucho? Pensei que sería co que quedarías, mira ti que cousas. O que dis da albañilería do tetris recordoume un episodio de Futurama no que os robots constrúen con pezas do tetris :p
Non sei como caracterizar este debuxo dentro da arte cambot, sería arte normal ou arte rara?
-
Eu diría o Monkey e o Mundodisco. Tamén me gustou moito o Grim Fandango en canto a gráficos e historia, aínda que non me gustou moito o tema dos controis e dalgunhas probas que se pasaban raroO meu son as aventuras gráficas, sobre todo porque son incriblemente lenta e zoupona cos mandos:p
-
Esquecíame! p... SGAE (que a gusto queda un)
-
Mmmm, recoñezo que dos mellores momentos se disputan entre o Age of Kings e o Half-Life, aínda que dos míticos sempre me gustou moito o Super Mario World (apesar dos cachondeos do colexio e apesar de ter unha Megadrive).
Os Civilization son os que máis tempo me consumiron, pero creo que non é mérito do xogo, senón ao contrario.
-
Eu aínda non xoguei a tantos como para facer unha lista de preferencias con xeito pero creo que os que máis chiste me teñen son os do tipo do Monkey Island, aventuriñas con humor, aínda que cando non dou pasado a fase frústrome bastate e cágome en to...
Buff! e o tetrix... non acabastes algunha vez vendo cadradiños de cores cada vez que pechabades os ollos, en plan tripi :P
-
Snifff...malia ser androide a miña infancia estivo marcada pola orde de illamento de videoconsolas. Cando chegou o Mac a casa vicieime horas e horas a tetris e shanghai, pero pouco máis...
-
Dacordo co engadido-protesta do Civ3. Eu botaría en falla, amais, un xogo que me toleou durante un tempo coa súa ironía e gracia particulares: o 'Afterlife' de Lucasarts (estilo sims)e as distintas variantes da familia 'Heroes of Might and Magic', que me tolean totalmente ata o estremo de obrigarme a desinstalar-reinstalar cada certo tempo...
-
O mundodisco e os monkeys semper foron dos meus favoritos Raíña. O Grim Fandano xa non me gustou tanto.
Umm, o Half Life Mario, haberá que botar unha partidiña...
Se queres ver un autético maníaco do Tetris deberías coñecer a meu pai Arqueira, a min nunca me chegou a enganchar até ese punto, pero seica hai moitos fans.
O Shangai é un xogo moi adictivo Arale, tes sorte se o conseguiches deixar.
Eu nunca fun de Civilizations, FraVernero, mais a saga do Heroes of Might and Magic sacoume de moito aburriment. A segunda parte foi a que máis exprimin.
-
Eu tamén boto en falta a saga do Monkey Island e, en xeral, as aventuras gráficas de LucasFilms/LucasArts: Loom, Maniac Mansion, Indiana Jones... e tamén son dos que defrutaron co Grim Fandango.
No xénero dos "FPS" sustituiria ao Doom polo Quake ou polo Duke Nukem 3D, ou incluso o Max Payne ou o "Soldier of Fortune"... hay tantos :)
De todolos xeitos quedo co WARCRAFT, cantos orcos (e humanos) matei! :D
-
Parece que o Monkey é o grande triunfador. Eu no apartado dos FPS quedo claramente co Quake Suevo.
Sigamos matando orcos e humanos!
Mmmmm, deses Civilization non podo falar porque so xoguei o III, pero podería escollelo. Entre ese e o Doom non sei non sei...aínda que máis adictivo que o Tetris pouco podo imaxinar.
Eu boto en falta algunha aventura gráfica de Lucas...Monkey Island!!!