gardei rabaños máis alá de Orión...
1.4.07
Non me jodas Loló

A noite do 31 Compostela voltou aos 70. Led Zeppelin voltou aos escenarios a través de Letz Zep, unha formción británica que imita ao xenial grupo de Jimmy Page.
Non é simplemente versionear os temas, senón que o directo deste grupo é sinxelamente xenial. Está todo coidado ao detalle: a indumentaria (pelucas e vestiario perfecto), os xestos, as poses que están logradísimas e, por suposto, a música. Escoitar Letz Zep é case coma ouvir aos Zeppelin. A parte instrumental é perfecta, mencion especial ao guitarrista e o batería, que reproduciu o famoso solo de Bonham en Moby Dick coas palmas das mans. Até o John Paul Jones de Letz Zep quedaba sempre en segundo plano, pero aportaba a mesma forza rítmica. Por se isto fóse pouco, a voz semellábase dun xeito incrible á de Robert Plant. O show é dos que pagan a pena, como mostra, dicir que a Sala Capitol presentaba un aspecto mágnifico próximo ao cheo total (en coruño: abarrotado, nEno).
Eu vira notras ocasións versions, pero nunca levadas a estre extremo, un chegaba a sentir que estaba nun concerto de Led Zeppelin. Precisamente isto foi sempre un dos desexos deste blogueiro, que resultou imposible por mor da maldita linealidade temporal, que se lle vai facer. Polo menos atopei un substituto decente, non como a sacarina ao azucre, máis ben coma un emulador á PlayStation.

Non achei un vídeo deles de moita calidade, pero podedes botarlle un ollo a este, faise un unha idea do que son.



E este vai de agasallo.




Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 22:45:00 |


10 Comentarios:


  • At 3:30:00 da manhã, Blogger Arale Norimaki

    A triste situación económica deste androide impediu que gorentara do sonado revival. Aínda que con sana envexa alédome de que estivera a altura das circunstancias, supoño que ten que ser unha gozada (ainda que sexa só durante uns intres) verse nun concerto dos Led... maldita linealidade temporal!!

     
  • At 1:40:00 da tarde, Blogger moucho branco

    É sabido que non son especialmente fan de Led Zeppelin ( amiña neura anti-colosos), pero me tería gustado velo.

     
  • At 5:29:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Seguro que foi moi divertido. Eu daría algo por ver a algunhja xente que xa está morta, aínda que tería medo de decepcionarme. Pero neste caso non foi así, así que xenial. E si, a linealidade é unha putada:(

     
  • At 12:08:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Si que foi unha gozada Arale, non é por dar envexa pero foi un grande concerto, as tres horas que durou foron moi intensas.
    Aínda que non sexas fan Moucho, de seguro que o pasabas ben, cando a música é boa non importa moito que non sexa do que a un máis lle gusta.
    Si que molaría, eu querería ver a Hendrix, aos Who, a Jeff Buckley, etc. E de seguro que estaría ben poder pasar unha semana en parís nos anos 20... En fin. Putada de fluxo temporal.

     
  • At 10:50:00 da manhã, Blogger A rapaza do arco

    Pos si que habiamos levar un bo susto se vísemos a algunha xente que xa está morta :p
    Pero podemos afaenarnos en construír unha máquina do tempo e teletransportarnos, eu apuntábame de moi boa gana.
    O concerto debeu ser unha pasada, mágoa non poder ir.

     
  • At 1:13:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Non sei se te pasaches polo Espello ultimamente, pero estase argallando unha monumental blogoesmorga, e non sería o mesmo sen o noso cyberSpace Cowboy :) Pásate para ver cando podería ser.

     
  • At 1:38:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Sobre todo se non era do noso agrado, rapaza. Eu no da máquina do tempo levo xa uns anos traballando, pero a USC non quere finaciar o proxecto e así non dou avanzado...
    Xa pasei polo espello Raíña, ten alí toda a información precisa. Un non é dos que deixa pasar unha boa festa.
    P.D. Teño que ir disfrazado de Spike?

     
  • At 7:43:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    De Spike ou de Jamiroquai, podes escoller. A min mólame mais de Spike :p

     
  • At 7:55:00 da manhã, Blogger Mario

    Eu voto por Jamiroquai. Quedouche xenial o de "my top albums", mal vexo unha xoia e xa xira para deixar paso a outra.

     
  • At 2:38:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Se consigo un pucho ben bonito, vou de Jamiroquai, síntoo Raíña, mais non é plan sair de traxe azul e camisa marela, non creo que me acaera ben.
    Por certo Mario, gracias polo dos top albums, voume poñer colorado.