Chégame un requerimento da Raíña Vermella que creo que partiu de mariademallou. O caso é que elaborar unha lista de cancións sempre é complicado, pero coido que desta volta o será aínda máis porque teñen que ter unha asociación sensual/sexual. Déixovos logo aquí o meu top-five de música para prender o lume. Que as desfrutedes. P.D. Se ao acabar tedes unhas gañas irreflenables de procurar ao Pastor Eléctrico, recordade que é simplemente pola música ;)
Inmellorable! Xa non me lembraba de Romeo&Juliet, temazo onde os haxa. E mil grazas polo vídeo, eu namoreime de Eric, con ou sen guitarra, pero a verdade é que con ela gaña moito. Vouno ver outra vez (suspiro). P.D: Jeff Buckley é un tanto melancólico pero tamén resulta super erótico:)
Non sei porque sospeitaba que irías por aí, se fixese unha quiniela até sacaría os títulos. Moi boa escolla, por unha vez gáñote a friki, e se non bota unha ollada á miña.
De Hendrix valeria calquera Moucho, dubido que haxa algo máis estimulante Dire Straits sempre están presentes para o pastor. Eu tamén teño un punto de melancolía, de ahí o de Buckley, supoño. De nada polo vídeo Raíña ;) Umm, non me estarás a espiar a chola Mario? A ver se me van entrar neuras... Bueno cambote, e que eu son máis eléctrico ca electronico, de ahí a miña paixon pola guitarra e o son Seattle é das miñas grandes paixons tras o Blues.
Pois a anos luz quedo con Foxy Lady e mais Romeo & Juliet. Calquera das dúas son grandes cancións, moi apropiadas tamén para o asunto...