gardei rabaños máis alá de Orión...
1.5.07
Hoxe é día dun agardado nacemento, non me refiro a este. Ao que me refiro é a que hoxe nacen as Historias Eléctricas, que polo menos non precisará dun bautizo e unha vida de luxo á costa do contribuínte. É este un espazo para a creación multimedia, no que se pretende dar cabida a todo tipo de creación pensada para a rede: microrrelatos, videopoemas, relatos flash, poesía cinética, fotografía, hipernarracións, game-art e todo aquilo que se poida axustar a este formato que é a rede.A idea xa levaba uns meses no ar. Seica a ponte nos fixo ben a tod@s coma desexaba eu estes días atrás. Ao final puxemos en marcha esta versión 1.0 namentres non teñamos presuposto e ganas para unha versión máis atractiva visualmente e con máis posibilidades técnicas.Intentaremos levalo con enerxía e dar cabida ao maior número de estilos e formas que nos sexa posible.Se queredes colaborar, podedes facelo a través da caixa de correo: hitoriaselectricas@gmail.com. Agardo que o desfrutedes. Etiquetas: Ciberespazo
publicado por O pastor eléctrico ás 00:19:00
|
-
Por suposto que a nosa criatura é moito mais importante que a Sofi esa! E moito mais barata, dende logo. A ver se temos tantas visitas coma ela, pero aínda que non nos fagan cancións da igual. Aínda que se alguén se anima...
Bicos eléctricos.
-
Emprendemos a viaxe!! e esperemos que sexa longa coa axuda de tod@s, que é a parte interesante destas cousas :)
-
Gústame lembrar estes momentos nos que os proxectos e as súas expectativas parecen algo aínda completamente distinto ao que acabarán sendo (case sempre para ben, como será neste caso).
-
Viva!, viva!... e vaia equipa de creadores, eh?, ;)
non me perderei unha sóa das historias eléctricas, boa sorte na andaina.
-
Bon, supoño que colaboraremos de cando en cando nestas liñas virtuais...
Se é que non sabedes o que andar argullando con tal de ternos ocupados, eh?
xD
-
R1: Aos 3 primeiros respñostovos nunha soa por iso da economía da linguaxe: Gracias por axudar a sacar isto adiante.
R2: Moucho, agardo que non te decepcionen. Se queres estás convidado a participar. Escribe ao correo das historiaselectricas. Gracias polo apoio.
R3: Cando gostes de participar estás convidado tamén FraVernero. Non hai ningún prazo marcado, así que non hai presa nin apuros nas datas de entrega.
Por suposto que a nosa criatura é moito mais importante que a Sofi esa! E moito mais barata, dende logo. A ver se temos tantas visitas coma ela, pero aínda que non nos fagan cancións da igual. Aínda que se alguén se anima...
Bicos eléctricos.