gardei rabaños máis alá de Orión...
24.6.07
Facerlle caso aos médicos
Quen nunca foi ao médico a que lle dixera que non ten que fumar nin beber e que debe de adelgazar? O gracioso do asunto é que o encargado de dicirche tales barbaridades é un home duns 100 quilos, cos tose crónica, que ten un recendo perenne a faria e que ten pinta de chamarlle "deporte" a baixar os domingos polo xornal. En fin, como di un bo amigo meu, os médicos son eses especialistas en semánica que lle poñen nomes complicados ás cousas que ti xa sabes que che doen, pero eles saben como se chaman e que non teñen máis remedio que agardar a que se curen soas ou a que queden ahí para sempre.
Pois si, para canto daría falar dos médicos de cabeceira, das colas, dos vellos (que podes mercar no Ikea na sección "Decoración de hospitais"), do cheiro da sala de espera de urxencias, etc. Pero non me apetece largar hoxe en contra dos médicos que algun que outro hai por ahí que sabe o que fai. Teño que falar do médico na casa, si, Manuel Torreiglesias. Este homiño forma un tánden xunto con Manolo Giménez nas mañás da televsión española que rite ti de Cruz y Raya. O do Manolo é un caso á parte, semellante falla de tacto é impresionante, creo que con España Directo é a parte máis espeluznante de toda a cadena (Ramón García á parte). Isto daría para unha análise a maiores pero non teño ganas de falar de pisos cheos de merda, lamazais e demais historias noxentas que rematan cun fulano que te ensina a cociñar (aquí precisaría un símbolo para me poder encoller de hombreiros).
Pois ben, retomando o asunto sanitario, déixovos unha recomendacion de Saber Vivir para que disfrutar da vida e non ter complicacións médicas.



Pois iso, facédelle caso aos médicos.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 13:45:00 |


3 Comentarios:


  • At 3:14:00 da tarde, Blogger A rapaza do arco

    xD Pensei morrer de risa, é boísimo! cando o contabas o outro día pensei que se trataba dunha imitación. Pero que home máis apañadiño, encantoume iso de "así le ahorro trabajo a mi mujer"

     
  • At 5:17:00 da tarde, Blogger Zerovacas

    "Alguna pregunta més" está xenial, ten cousas tremendas. A ver se na Galega tiran algunha vez de imaxinación.

     
  • At 10:58:00 da tarde, Blogger O gato violeta

    Como médico inspira unha confianza...
    Espero que a miña vida non dependa nunca del.