gardei rabaños máis alá de Orión...
20.5.07
Penso, LEGO existe!
publicado por O pastor eléctrico ás 13:12:00
|
-
Encántanme estes vídeos, sempre fico apampada só de pensar o curro que que levan e o creativos que son. O primeiro que vira nese estilo fora o dos White Stripes. E xusto hoxe pasáronme un feito con pezas de domino. Im-prezionante.
-
Vicioso...
Lembro que me gustaban moito os lego de rapaz, anque non tanto como os bonequiños He-Man e o Castelo de Grayskull. Iso sí, o barco pirata era sempre a grande fantasía sen cumprir, á que os pais se negaban en rotundo presaxiando unha laboriosa laboura de montaxe na que terían que ser socios e traballadores principais...
Se é que a publicidade fai milagres...
-
Eu fun mais de "Exin Castillos" (o gris)pero os Legos ofrecen un mundo de posibiliddes! Quédome co GTA, con ese Lego malote con barba d etres días e lentes de sol ochenteras. E o dos vehículos, que bo! hai que facer unha animación cos Playmobil para Hiatorias Eléctricas:p
-
Ai, os Lego, eu era máis de Tente que era menos pastoril (basicamente servía para facer robots diabólicos) e ademais seica era unha mala e cutre imitación do orixinal.
-
Que pasada de video Arale. Non sei se non quedarían tontos despois de tanta peza...
Os lego tiñan a vantaxe de que eran case indestructibles FraVernero. O asunto da montaxe era xa outra historia.
Eu podo poñer os playmobil Raíña, pos ti a idea e busca un par de chinos para que fagan todos os movementos...
Os tente eran máis galácticos, non Mario? Agora mesmo non teño unha idea deles na cabeza.
Encántanme estes vídeos, sempre fico apampada só de pensar o curro que que levan e o creativos que son. O primeiro que vira nese estilo fora o dos White Stripes. E xusto hoxe pasáronme un feito con pezas de domino. Im-prezionante.