gardei rabaños máis alá de Orión...
26.5.07
Cousas que ver na tele cando estas morto
A televisión semella que non ten xa ideas. Alén de realitys, cada cal máis terrible, e cotilleo (que vive bastante dos realitys), non parece que haxa moitas fórmulas de entretemento novas. Acaso xa está todo inventado na televisión?
O outro día vendo imaxes de FactorX lembreime daquel post da Rapazo do arco que falaba dun programa da tv alemana. Naquel momento pensei que os alemáns volvían gañar, pero a tv española tirou de casta e conseguiu decantar o marcador novamente no seu favor.En fin. Polo menos na caixa tonta tamén se lembran do sinxelo, que ás veces é o mellor. E que hai máis sinxelo que as series dos 70 e os 80? A esta moda das reposicións adiantáranse no tempo A3 e Tele5 pero agora son Cuatro e a TVG as que levan a dianteira.Hai que dicir que A3 segue a emitir MacGyver, pero Cuatro xa nos deixou V, El coche fantástico (El auto increíble na súa versión mexicana), Juzgado de Guardia... E agora chegoulle a quenda á TVG, tras un par de anos de por Bonanza polas mañás, tocoulle a Colombo, Os vixiantes da praia (Los guardianes de la bahía en México), Magnun (que abandonou Friends para voltar ás suas orixes) e máis recentemente aterrou no universo da galega o máis duro entre os máis duros.
Pois si, Chuck Norris volve con Walker, ranger de Texas ás pantallas, pero desta vez as amenazas soan máis autenticas na lingua do pais (...ti, ponte quieto se non queres que che bata...).
E é que na galega saben aproveitar o tirón que ten entre a xente nova Chuck Norris (sintoo Seagal, ti segues a ser o mellor).
A que mola o meu mechandising de MacGyver? Etiquetas: Televisión
publicado por O pastor eléctrico ás 18:01:00
|
-
ahahahaha o outro día aínda vin uns capítulos de Mac Gyver sen querer e é incrible como soluciona as cousas. Rinme a cachón porque estaba tentando desactivar unha bomba que estoupaba coa voz e para advertir á xente que quedase calada botou uns berros de aupa...e a bomba non estoupou!!!
E estou contigo, Seagal moito mellor a pesar de que Chuck Norris teña tan boas frases adicadas tipo: Los Dinosaurios miraron mal a Chuck Norris una vez. UNA VEZ.
Boísimas! XD
-
Seguro que Chuck é moitísimo mais duro aínda en galego. Por certo, McGuiver non ten nada que facer (pode construír un avión cun chicle e un palillo, pero Chuck pode matalo e roubarllo) Dos Feitos de Chuck :p
-
non hai ninguén coma mcgiver... sí, é verdade, chuck é un brutote pero non sei... gustaríame velo falar en galego. en euskera é bastante divertido, aínda que fai un cacho que non o vexo :)
-
A min encántame ver de novo todo iso, e flipo co comezo de MAAAAGNUM... deus! que bozarrón :D
-
Meu deus... qué abutres peseteros! Estou vendo un CLIP para vender????
A verdade é que me gustaba moito McGyver de rapaz (lembro con especial claridade o que debeu ser o segundo capítulo que vín daquela, no que se enfrontaba a unha marabunta de formigas esfameadas). E nembargante, máis clásicas na miña estimanza eran V (con elementos brechtianos en capítulos e discurso anti-nazi, alén da lagartona máis sexy do mundo, Diana) e o Equipo A... E o berrido de Magnum, que non xelado, que menciona a arqueira. A serie rendíame menos que a banda sonora entrante...
-
Molaban tamén os furados que facían as bombas besbellinha, quedaban rectangulares. Aínda que Chuck poda dividir por 0, Seagal sabe facer unha tarta especial e coñece varias curas para o cancro.
En galego é máis duro se cabe Raíña, habería que engadir que non está dobrado, Chuck coñece tódolos idiomas do mundo.
Teño que ver Walker en euskera begira, seguro que mola.
Sabías que Tom Selleck ía ser Indiana Jones pero renunciou por estaren gravando Magnum P.I.? Vaia gambada.
Habería que ver a M.A. Barracus falando con acento do país, non si FraVernero? Falando de bandas sonoras a min encantábame a de Miami Vice, a ver se a repoñen.
-
Ei pastor, non tomes o nome de Magnum P.I en vano que ainda imos ter um problema!
;-)
-
"Non existen os parapléxicos, só xente á que se lle ocorreu cabrear a Chuck Norris"
"Se Chuck Norris puidera viaxar atrás no tempo e pelexar contra el mesmo, sen ningunha dúbida, gañaría Chuck Norris"
ahahahaha o outro día aínda vin uns capítulos de Mac Gyver sen querer e é incrible como soluciona as cousas. Rinme a cachón porque estaba tentando desactivar unha bomba que estoupaba coa voz e para advertir á xente que quedase calada botou uns berros de aupa...e a bomba non estoupou!!!
E estou contigo, Seagal moito mellor a pesar de que Chuck Norris teña tan boas frases adicadas tipo: Los Dinosaurios miraron mal a Chuck Norris una vez. UNA VEZ.
Boísimas! XD