gardei rabaños máis alá de Orión...
18.6.07
Máis cousas que ver na tele
Despois de pasar un par de semanas bastante ocupado, teño agora un pequeno respiro previo ao grande respiro das vacacións de verán. Isto de ter tempo para perder é marabilloso (sempre que non sexa demasiado), hoxe pola mañán pillei na Tv mentras almorzaba un clásico do cinema, "Dos superpolicias en Miami", con Bud Spencer e Terence Hill. Non sei moi ben, pero coido que tiña unha precuela. O caso é que seica están a botar a filmografía destes dous grandes clásicos do entretemento vacacional en La2. Recordo como de pequeno gostaba de ver co meu avó os filmes destes dous elementos, era un aliciente máis das vacacións escolares, no nadal tocaban as de vaqueiros (Le llamaban Trinidad, Le seguían llamando Trinidad, etc) e as de aventuras (Máis forte rapaces e Vivian cos hipopótamos), no verán eran xa as da época ianqui, como esta de hoxe ou Par o impar. De todos xeitos, o clásico indiscutible segue sendo Y si no... nos enfadamos, iso si que é unha demostración de peli de acción, carreiras de coches, pelexas con decenas de rivais (a pé ou en moto), problemas coa mafia, enredos amorosos... en fin. O problema é que a capacidad técnica e artística de todo o equipo non era todo o boa que se desexaría. De seguro que nunca víchedes unha secuencia de loita peor conseguida. A foto da cabeceira do post é dese filme, rodado en Madrid por certo.Aínda con todos estes defectos, teñen ese aspecto setenteiro cutre que namora a calquera e esa sinxeleza argumental que fai que un neno de vacacións ou un pastor canso pasen momentos memorables. Outra das cousas que lles debo a estes dous, é que son os responsables do primeiro filme en galego que vin na miña vida, que foi precisamente Máis forte rapaces, así que podo dicir que Bud Spencer e Terence Hill son elementos normalizadores na miña vida; se se poden dar eses golpe e comer dese xeito en galego, que é o que non se pode facer?Por certo, quero dende aquí recalcar unha campaña da que tiven noticias por Zerovacas, reclamo Shin Chan na galega, a poder ser a partires das 9, que antes non me ven ben. Etiquetas: Televisión
publicado por O pastor eléctrico ás 18:09:00
|
-
As doblaxes da galega foron memorebles dende a primeira época, con poucos medios e unha normativa vacilante. Despois xa non podiamos ver Bola do Dragón en español porque non tiña graza, e botabamos de menos a Han Solo chamándolle a Luke, chulesca e despectivamente "rapaz". Está claro que, para que voen as hostias, mellor en galego:)
-
Que grande é "Y si no.. nos enfadamos". Nunca esquecerei a primeira vez que a vin na casa duns tíos meus que tiñan vídeo (un luxo para a época), e aquela canción...
-
Pero que risas!! na casa dos meus pais as pelis destes rapazotes crean un vencello moito máis forte que o do sangue ou o da convivencia, somos super fans e acabar todos polo chan, chorando da risa une moito :D
-
O ben que está feito a dobraxe de Shin-Chan é que xa che parece insulso todo o demais, pasa o mesmo en castelán cos Simpsons na primeira época e como mudaron sobre todo Homer, cada personaxe era unha voz perfecta. De Shin-Chan dixen eu no fedello de Chuza!que era unha serie que cos seus defectos era unha xoia para aprender cultura xaponesa, cousa que irritou a usuaria Ascarida, tamén o dixo El País, seguro que así parece máis creible o de costumes, festas, tradicións que se aprenden cos de Kasukabe. De Spencer e Hill, góstabanme de cativo pero odiaba o son das bofetadas que zorregaban..plash, palsh
-
jjej te razón a raiña q risas temos votados coa saga destes dous na galega e em galego. ese paspam e demais.....q vos despois cando o votavam en castelam nom facia gracia e o mesmo q ver Rocky ou Acurralado.jej.
saudos e unha aperta.
este sabado repetimos pinchada
deika
As doblaxes da galega foron memorebles dende a primeira época, con poucos medios e unha normativa vacilante. Despois xa non podiamos ver Bola do Dragón en español porque non tiña graza, e botabamos de menos a Han Solo chamándolle a Luke, chulesca e despectivamente "rapaz". Está claro que, para que voen as hostias, mellor en galego:)