gardei rabaños máis alá de Orión...
29.5.07
Jeff Buckley 1966-1997
Hoxe cúmprense 10 anos da morte de Jeff Buckley. De non teren morto, é posible que fóse o máis grande músico dos U.S.A. pero a historia non sempre está dacordo coas miñas intencións.
A primeira vez que escoitei Grace, fiquei prendado totalmente. Encantábame o xeito de tocar a guitarra, os arranxos e, sobre todo, esa voz. A voz de Buckley é algo impresionante e que é imposible de imitar, é demasiado persoal. É unha voz fermosa, con moitos matices e variacións e que fai que a música de Buckey sexa única e marabillosa. Jeff tardou en darse a coñecer como cantante. Comezou como guitarrista. Seus pais eran músicos tamén. Súa nai, Mary Guibert era pianista e ao carón de seu piano e a súa voz, o pequeno Jeff medraba coa música como lingua nai. Escoitaba aos grandes mitos da música rock dos 70 e xa con 12 anos tocaba no seu cuarto tódalas melodias de Led Zeppelin.



As causas que rodearon a súa morte non quedaron moi claras, o feito e que morreu afogado en Memphis. Curiosamente no berce do Rock&Roll morreu o que podería ser o novo mestre da música popular. Hai teorías que apuntan a que sofría un transtorno bipolar, outras falan de suicidio, de mala sorte... O feito é que morreu e quedamos sen un músico brillante e teriblemente semsible para a música. Eu hei de recoñecer que me teño emocionado moito coa súa música e que me produce unha admiración profunda e sinceira.
En vida so nos deixou o magnifico álbum Grace (1994), que todo o mundo debería escoitar. Nel aparece a versión de Hallelujah de Leonard Cohen que é posiblemente, xunto con Grace, a súa canción máis coñecida. Logo hai varios directos editados nos que destacan Mystery White Boy e Live a L'Olympia. Tamen están editadas as demos que grabara para o que sería o seu segundo álbume, My Sweetheart the Drunk, e unhas sesións previas á gravación de Grace xunto co guitarrista Gary Lucas baixo o título de Songs to no one 1991-1992.



A súa influencia dentro da escena alternativa e indie é enorme e xente como Tom Yorke, Matt Bellamy, Chris Cornell e P.J. Harvey entre outros así o manifestaron. Entre os varios temas de homenaxe a Jeff Buckley, seleccionei uns cantos para que os desfrutedes.


Memphis - P.J. Harvey


Wave Goodbye - Chris Cornell

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 16:19:00 |


12 Comentarios:


  • At 8:02:00 da tarde, Blogger Mario

    Jeff Buckley é outra das descubertas que nunca che darei pagado (aínda que boa parte é culpa da túa sensibilidade que non acepta a moeda da "música subdesenvolvida") ;)

     
  • At 1:50:00 da tarde, Blogger A rapaza do arco

    Que vou dicir,unha pasada! É destas cousas que gostas de escoitar tirada na cama e coa choiva pegando nos cristais. Fermosamente triste, melancólico...Pero eu teño tendencia a tirar desta música en todos os momentos, independentemente do estado de ánimo :) Disfrutei un montón dos videos e a música

     
  • At 7:46:00 da tarde, Blogger sergio74

    sempre q morre un dos grandes da musica dali a ums anos preguntas, e q oubera sido se este se nom morrera, cantos exitos mais ouvese feito? e todo iso....¡¡¡¡
    bem xa vexo q eres un novemteiro a tope, logo vas estar de sorte x q os noventa xa estam chegando outra vez.....guitarreo e camisas de cadros a cañom,, jjej
    saudos e umha aperta

     
  • At 5:12:00 da tarde, Blogger Roi Buligan

    Acordo que sobre o 94-95 descubrino nun CD recompilatorio que regalaba daquela a revista Rock De Luxe, entristecinme ó saber da morte de este gran talento que nos poderia deixar grandes xoias...

     
  • At 8:46:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Aínda que non é estilo que mais escoito, jeff Buckley emocióname profundamente. Está claro que a xenialidade non entende de estilos:)

     
  • At 12:58:00 da manhã, Blogger O pastor eléctrico

    Non hai que pagar nada Mario, eu non son a SGAE. A música é para tod@s.
    A min prodúceme unha sensación de tranquilidade moi agradable arqueira, non teño palabras para explicalo mellor.
    Eu son moi dos 90 sergio74, a min o grunge so me abandonou na lonxitude do meu cabelo. O guitarreo e as camisas de cadros seguen comigo!
    Se gostaches do cd Roi Bulligan, escoita o A l'Olympia, ten unha versión de Kashmir de Led Zeppelin moi chula. Por certo, benvido por estes lares.
    Clarísimo Raíña. Por riba dos estilos está a música.
    E a música non morre nunca!!!!!!!!!

     
  • At 4:52:00 da manhã, Blogger moucho branco

    quedo moi mal se recoñezo que non me gusta?... veña vai, que acabo de voltar, desculpame a ranciada... e logo non se pode ser integrista ou?...

     
  • At 12:17:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Benvido de novo Moucho! Non quedas mal, non; isto non é os 40 para dicirlle á xente o que ten que gustar e o que non.

     
  • At 11:24:00 da tarde, Blogger Arale Norimaki

    A mágoa é que sexa o triste aniversario o que sirva de excusa para falar del... Eu descubrino en plena pubertade nunha tarde de sofá mirando a vh1 e botei un par de anos platónicamente namorada da súa voz e pensando en velo en concerto. Non vou contar aquí o trauma que supuxo enterarme de que iso sería imposible con tanto retraso. Así e todo o Grace sempre anda a man e como xa dixeron os demáis, a música queda sempre.
    Por certo, botándolle unha ollada rápida aos seus top albums, non me queda outra que dicir que ten vostede moi bo gusto sr.Pastor e que xa estou poñendo a mula a traballar cos que non coñezo ;)

     
  • At 12:19:00 da tarde, Blogger Zerovacas

    Grande, Buckley. Ás veces pregúntame que andaba eu facendo en 1997, se cheguei a saber da súa morte

    "And as your fantasies are broken in two
    Did you really think this bloody road would
    Pave the way for you?"

     
  • At 4:33:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Foi unha grande perda para a música Arale, pero polo que se ve a súa música segue viva en case tod@s. Por certo, gracias polo piropo ;)
    Bao pregunta Zerovacas, eu entereime algo máis tarde do que debera.

     
  • At 8:20:00 da manhã, Anonymous Anónimo

    Si si... pois anda que se nos volveu un pouco zorrón a señorita Harvey