gardei rabaños máis alá de Orión...
25.6.07
Dous clásicos
Pois si, hoxe cúmplense 25 anos da estrea de Blade Runner, o fascinante filme de Ridley Scott. Xa falei noutras ocasións dela aquí, así que pouco máis se pode engadir, pero podedes mirar por onde sempre, ou por aquí ou este resumo que publicaba hoxe a edición dixital de ElPais.
Aos que nunca víchedes esta obra mestra, non perdades tempo e botádelle un ollo canto antes, e aos que xa a víchedes, volvedea a ver, ou é que tedes algo mellor que facer?
A proposito de Harrison Ford, xa comezou a rodaxe da cuarta entrega de Indiana Jones con Spielberg e Lucas como director e productor executivo respeitivamente. A ver se cumple coas espectativas e podemos desfrutar outra vez do arqueólogo máis famoso do mundo. Coñecedes algún outro arqueólogo?
Etiquetas: Cinema
publicado por O pastor eléctrico ás 14:41:00
|
-
Creo que até Chus Pato introduciu unha cita deste clásico en M-Talá. A min sempre me pareceu tan seductora como caótica.
-
Teño un amigo que sostén que é unha película mediocre, pero cando vemos que tal poñémoslle o bozal e tirámoslle cacahuetes... non, espera, iso fánmo a min... bueno, en calquera caso é un impresentable.
-
Unha das miñas películas favoritas, precisamente acabo de publicar un podcast de BSO onde inclúo o tema de Rachel's Song de xeito preferente, eu namorei de Rachel aínda sabendo que era androide..por certo hai unha teoría que di que Book tamén é androide
-
Totalmente dacordo co Pastor e con Buligan: Blade Runner ("Black Raner", como o vin escrito unha vez) é unha obra mestra, e a grande traxedia é, precisamente, que namoramos de Rachel aínda sabendo que é un androide...
-
pos tes razom ei de volver a vela q fai anos q nom a vexo, e q ultimamente nom teño tempo pra pelis, pero ei de facer un oco pra volvela a ver.
tou preparando unha festa electro pra o dia catorce, sera no ferrol, espero q nom nos curremmm.jjjeje
saudos e unha aperta
a vou a dia sete o concerto co harvey
-
sempre encantoume ese ambiente oscuro deprimente e o pesimismo sobre o futuro, entenme ganas de vela outra vez.
Na nova de indy coma saia o sean connery o pai paracera mais xoven co fillo
Creo que até Chus Pato introduciu unha cita deste clásico en M-Talá. A min sempre me pareceu tan seductora como caótica.