gardei rabaños máis alá de Orión...
28.9.07
Problemas de memoria
Dende fai algun tempo non me noto ben, cousas que antes era quen de facer, agora resultan complicadísimas e lévanme o dobre ou cecais o triple de tempo. Non sei se será que non son quen de me adaptaren aos novos tempos, ás novas tarefas, aos novos xeitos de traballar. O caso é que son xa 7 anos traballando case que seguido, sen descanso, repetindo ás mesmas tarefas día tras día: baixame isto, manda estoutro, imprime aquí, pon música... O rapaz para todo vamos. Pero xa non son o que fun.
Non é que sexa o meu traballo ideal, eu sempre quixen ser deseñador, ou tal vez músico. Pero non valgo para iso, as novas xeracións veñen moi fortes e mellor preparadas, non son quen de competiren con elas. Sintome un vello, un trasto inútil, nin sequera decorativo (non dou ven coas cores dos sofás). Son incapaz de levar oa cabo as tarefas que me encomendan no tempo estipulado, non dou feito varias cousas ao tempo e aínda por riba, non me levo ben con algúns compañeiros do traballo (o señor USB 2.0 é un impresentable).
O caso é que todo isto levoume a ter enfrontamentos directos con varios dos meus superiores. Puxéronme nun programa especial, seica que para poñerme ao día, pero nin por esas. Ao final mandáronme ver a un especialista. A súa diagnóse non puido ser máis preocupante: teño problemas de memoria irreparables. Véuseme o mundo enriba. Non é que perda memoria, é que non son quen de aumentala, de gañar axilidade. É por iso que non son quen de levar ao cabo as miñas tarefas dun xeito eficiente e teño medo de que me bóten á rúa.
Non quero que me desconecten, a ver se son quen de poñerme ao día. Desexádeme sorte.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 13:07:00 |


9 Comentarios:


  • At 10:19:00 da manhã, Blogger Elianinha

    A memoria disque se pode entrenar. O que nunca se pode é deixarse levar porque che digan que, como se fosemos unha peza nunha fábrica, quedamos obsoletos. Obsoletos de mente eles!

     
  • At 4:03:00 da tarde, Blogger Fada Branca

    Como dí elianinha, a memoria entrénase. Sempre podemos seguir apendendo, mis lento ou rápido pero sempre

     
  • At 7:41:00 da tarde, Blogger Agurdión

    Por desgracia, os ferros non aprenden nunca, e sempre van a menos. É un envellentamento perfectamente calculado polos xaponeses, a receita básica para manter os índices de ventas. O mellor é non gastar moitos cartos en ferros.

     
  • At 4:29:00 da tarde, Blogger A rapaza do arco

    Eu todos os días dou mostras de que non ando ben de memoria nin de moitas outras cousas, graciñas polo amaño ;)

     
  • At 8:50:00 da manhã, Blogger Mario

    Ben, o das computadoras ten fácil amaño, o pior é o noso, o das persoas.

     
  • At 6:24:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Eu estou convencida de que preciso que me formateen para non rematar con Alzheimer precoz...

     
  • At 1:32:00 da manhã, Blogger Ana Bande

    Habería que pagar por ver esto, fermoso, fermoso, hoxe cáenme os ollos pero mañá madrugo para verte.

     
  • At 11:36:00 da manhã, Blogger O pastor eléctrico

    Ais Elianinha, se este cacharro puidese adestrar a memoria... Voulle instalar o Brain Trainer a ver se asi.
    Neste caso non creo que poda aprender Fada, pero haberá que cruzar os dedos...
    Xa agurdión, é como meter caros en chatarra. De todas formas, a palma lévanna os teléfonos móviles, eses si que non duran!
    Non te preocupes Arqueira, gracias a ti pola ovella!
    Xa Mario, pero seica as persoas temos a operatibilidade un pouco máis duradeira.
    Non digas tal Raiña, se ti andas ml de memoria xa non sei que máis dicir.
    Non sabes o colorado que está o pastor nestes intres Ana. Encantado pola visita e entra cando queiras, non fai falla chamar.
    Un saudo a todo o mundo.

     
  • At 2:21:00 da manhã, Blogger Suevo

    Veña Pastor, ánimo, seguro que ten arreglo a cousa, unha mala época, mais adiante verás as cousas doutro xeito.

    Por certo, quedei coa intriga, por que lle chamas señor USB 2.0 ao compañeiro de traballo ese? :)

    Sorte!