gardei rabaños máis alá de Orión...
25.7.07
Atrapado no outono

Xa ves, 25 de xullo e eu na casa. E iso que saiu o sol, debe ser que Quintana non quere queixas da organización dos fastos e ata falou co sol que seica estaba en Marina D'or. Claro, vacaciones todo el año. Xa é hora de traballar solciño, que parece outono!
Onte nin os fogos vin pola Tv. En troques quedei cos amigos para vermos unha peli que xa vira antes. Polo menos o filme era Snatch, que é dos que paga a pena voltar ver. Saquei dúas conclusións: que é a versión mellorada e con actores con caché de Lock & Stock e que Brad Pitt é máis ca unha icona sexual de raparigas (e raparigos) dende hai máis de 15 anos.
Comentábanme o divertido que debeu de ser facer a dobraxe dos xitanos da película:
"nacravanna neva. color marilloimón". Unha das cousas máis vistosas que ten o filme é a montaxe trepidante, que acelera o ritmo para que detalles importantes para a trama, pero a niveis secundarios, non realenticen o ritmo xeral da acción.
Hoxe tamén pasan no mundo outras cousas, como que Chick Corea actúa no Jazzaldia de Donostia e eu non podo estar. Para consolo, ou envexa, alguén se lembrou de min dende alí e estará desfrutando do xenial pianista americano.
Agora estiven vendo no meu cuarto Atrapado en el tiempo (Por que demo non traducirían o título como: El día de la marmota). Lembreime dela porque levo xa dez días que semella que son o mesmo. Espero poder espertar o venres e ver que xa pasou o día e teño un fermoso día novo por diante.
Por certo, se tiverades que repetir un día unha e outra e outra vez, cal vos gustaría que fose? Non fai falla que contestedes pero pensádeo. Eu non fun capaz de elixir un. En troques, Bill Murray si, terei unha vida máis variada e emocionante ca el? Capítulo 1: Desmitificando estrelas de Hollywood.
Creo que me vou meter na cama. Ogallá mañá sexa venres, pero sospeito que non a ser así.

Etiquetas: ,

 
publicado por O pastor eléctrico ás 23:07:00 |


4 Comentarios:


  • At 2:47:00 da manhã, Blogger moucho branco

    O de brad pitt eu non o vexo así tan claro, pero aceptamos figurín como actor, :P

    atrapado no tempo tívena eu nun mítico vhs en VOS que rematei vendo unhas cantas veces... moi curiosa, si

     
  • At 3:47:00 da tarde, Blogger Mario

    Eu agardo ter que repetir un día que aínda está por chegar. Tesme que pasar Snatch, son un deses pecadores que aínda non a viu.

     
  • At 7:19:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Menos mal que existe o DVD, para compensarnos deste non-verán (moloume moitísimo Snacht que lle pasaría despois a Guy Ritchie? Pode un volverse tonto de repente? Que medo) Eu aínda non pisei a praia, pero estou segura de que o sol está agardando aos meus 15 días de vacacións:p

     
  • At 9:35:00 da manhã, Blogger O gato violeta

    Hola de novo, si, eu tamén voltei, tña compromisos sociais que atender en plan sair, sair e (deixame pensar) sair pro agora que os meus colegas xa empezaron as clases veño a refuxiarme na caloriña do PC.