gardei rabaños máis alá de Orión...
18.9.07
Death Proof
Por fin fun ver a última aventura visual de Tarantino. Cada vez que vexo algo deste xenial realizador (nunca mellor dito no caso del) fico cunha mestura de abraio e ansiedade por unha nova entrega deste tolo consumidor de cinema de serie Z, música dos 70 e, en xeral, toda a cultura popular americana: dende as pelis de autocine, ao gore máis cochambroso, os muscle cars dos anos 70, as road-movies, os filmes de artes marciais, a subcultura hispana dos estados do medio oeste... Todo iso pasado pola súa mente da como resultado filmes altamente estéticos e cheos de referencias a todo aquilo que mamou dende a adolescencia e que fica coma unha especie de homenaxe a ese cinema que o marabillou e que el eleva á categoria de obra mestra.
En Death Proof, Tarantino rende homenaxe aos filmes de doble sesión dos autocines. Nos USA estreouse xunto con Planet Terror de Robert Rodriguez nunha sesión doble baixo o nome de Grindhouse, pero na distribución europea apareceron por separado, iso si, cun metraxe maior. Nesa contínua homenaxe cabe destacar o filme Punto Límite: Cero, no que Barry Newman conducía un Dodge Challenger de 1970 branco coma o que guían as mozas da segunda parte da cinta. Curiosamente o que conduce Especialista Mike é un Chevy Nova. Este coche aparece tamén en Pulp Fiction pero en cor vermella, descapotable e doutro ano. Este último que no filme era propiedade de Vincent Vega, é en realidade do propio Tarantino. Neste sentido cabe destacar a aparición de Zöe Bell, unha especialista que se interpreta a sí mesma e que foi a dobre de Uma Thurman en Kill Bill.
Temos tamén numerosos guiños do director cara ao seu propio traballo, aparecen personaxes de Kill Bill (O Sheriff e o Hijo número 1), o politono Kill Bill, e como non, as hamburguesas Big Kahuna (saen en Reservoir Dogs e Pulp Fiction).
Fiel ao seu estilo, Tarantino sumérxenos nun mundo no que os diálogos non nos desvelan partes da trama, senon que son circunstanciais, unha escusa para enredarnos en discusións absurdas sobre temas triviais cun forte contido sexual, drogas e violencia mediante. Pero o grande talento deste home fai que resulte un todo moi impresionante. Como non, tamén hai unha variedade de planos dos pés das protagonistas (non podían faltar) e un baile sensual polo medio. Tamén recolle a un actor esquecido, neste caso Kurt Russell (nun papel perfecto para el) quen traballara con John Carpenter en varios filmes. Carpenter é un dos directores favoritos de Tarantino xunto con Peckinpah.



Unha novidade importante é o debut de Tarantino como director de fotografía. Este é un apartado que destaca especialmente polo continuo xogo estético coa luz, a imaxe e a cor.
En xeral é un filme que me deixou un bo sabor de boca e fico coa incertidume de se Tarantino e o seu amigo Robert Rodríguez achegarannos unha segunda entrega de Grindhouse. Permanecerei á espera.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 15:15:00 |


10 Comentarios:


  • At 1:37:00 da manhã, Blogger Agurdión

    Este comentário foi removido pelo autor.

     
  • At 1:39:00 da manhã, Blogger Agurdión

    Xa sabes que non son un fan de Tarantino, e pode deberse a que non bebín nada das súas fontes (véxase a cultura popular norteamericana dos 70, etc). Pero xa que nomeas a Peckimpah, lémbrome en particular de dúas pelis súas que me gustaron, e agora reparo en que teñen moito de Tarantino (como non me dera de conta!). Unha é 'Grupo Salvaje', unha de vaqueiros verdadeiramente violenta, e outra 'Perros de paja', que tamén ofrece unha escena final bestial, con Dustin Hoffman como protagonista. O máis estremecedor desta película é, para min, cando o aparvado do matemático se vai cazar patos ao monte mentres violan? á súa muller. Ao final, un está desexando que comece a carnicería.

     
  • At 12:26:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Pois si Agurdión, Tarantino acostuma citar Grupo Salvaje como un dos filmes que máis o influenciou. No de Perros de paja, concordo contigo, entran ganas de acabar con todos.

     
  • At 12:44:00 da tarde, Blogger sergio74

    pois seguro q se q fam a segunda parte, xa q estos dous pensam demasiado, nom param os tios...
    mira q lles mola o sangue.jejej
    saudos e unha aperta
    boa idea iso da blogoquedada na praia. podese facer...xa falaremos delo. jej

     
  • At 12:26:00 da manhã, Blogger Arale Norimaki

    Vaia, nin sabia que tarantino e rodriquez fixeran estreas. Deberia tentar aproveitar e velas na version gringa (no autocinema), ainda que para iso ainda tenho que convencer a algun companheiro para que merque un carro, pequeno detalle sen relevancia... ^^U

     
  • At 4:37:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Vaia, vaia, Pastor, novo look. A colección outono inverno da banda mais friki do blogomillo;)

    Coido que o único que non comparto da estética Tarantino é a filia cos pés (gústanme mais os zapatos que o de dentro, a verdade) pero sempre saio do cine cunha sensación catárquica e satisfeita. Satisfeita, sobre todo, de que a este home lle dea por matar xente no cine e non na realidade. Quen sabe se non gañamos un grande director e perdemos outro Charles Mason?

     
  • At 3:22:00 da tarde, Blogger Mario

    Eu levo unhas semanas dubidando se atreverme ou non. A de Tarantino parece entretida, pero Robert Rodriguez dáme medo.

     
  • At 8:30:00 da tarde, Blogger A rapaza do arco

    Con Tarantino pásame que se me mesturan sentimentos e impresións... a cousa está entre o que gosto das pelis e o medo que me dá cando me paro a pensar en frío no que vin. Alégrome moito de que faga pelis e non ande por aí matando peña :D

     
  • At 9:06:00 da tarde, Blogger elfiña dos soños

    Recoñezo que tarantino non é partícipe dos meus gustos, xo certas estrenticidades nunca están de máis. Para min unha das mellores é "four rooms" inesquecible e desquiciante
    kiños

     
  • At 1:46:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Si que lles mola o sangue Sergio, máis que a min. O da praia hai que pensalo.
    Podes mercar un dodge de 2ª man nun compra-venta destes das series Arale (igual véndecho Gail ou Stan o do monkey island).
    É un deseño temporal Raiña, por iso dos 25 anos do filme. Imaxínate o cinema que faría Manson, podería ser difícil de comprender.
    A de R.Rodriguez é un pouco máis mala (por dicilo mal e rápido), pero Death Proof non ten desperdicio Mario.
    Esta en particular é moi entretida de ver Arqueira, pero tes que tomalo coma un recopilatorio das burradas que acontecen nas pelis.
    A min non me gostou moito Four Rooms, pero se non eres amiga do sangue e as frikalladas cinéfilas é a máis dixerible. Un saúdo elfiña.