gardei rabaños máis alá de Orión...
11.9.07
O pastor xa está de volta
Levaba xa algún tempo sen aparecer por estes mundos e chegou por fin o momento de voltar ao frikimillo. Foi unha época de retiro e frío. Do tempo mellor nin falar porque ademais parecería como se non tivese nada mellor que dicir. Ademáis o frío procedía da prisión na que me atopaba cativo (dou dende aquí as gracias a Luk que se prestou a rescatarme).
Neste período estiven afastado da realidade diaria dos vosos blogs, polo que case que seguro que me perdín algo, xa me irei poñendo ao día.
Para seguir na liña de porme ao día, terei que deixarme caer polo cinema esta semana, a ver se Death Proof non me desilusiona. Teño tamén certa gana de ver a versión definitiva de Blade Runner (por favor, non metas a pata Ridley) e seguir coa segunda tempada de Me llamo Earl, que me ten bastante enganchado.
Non sei moi ben de que falar pois logo de tanto tempo parece como se tivese moito e ao mesmo tempo nada que dicir. Agardo que sexa máis a falta de costume que de ganas. Pode ser cousa tamén do efecto de desconxelarme da carbonita, doénme un pouco as articulacións.
Estar conxelado dache tempo para pensar pero ao non poder actuar é como se todo o que che ven á cabeza quedase nun caótico atasco estilo M30 no que soamente se escoita balbordo e nada chega ao seu destino.
Como é visto que non chego a nada por este camiñoserá mellor que me poña ao chollo e recupere o tempo perdido. O pastor retoma a súa viaxe. Etiquetas: Ovellas domésticas
publicado por O pastor eléctrico ás 15:57:00
|
-
pero mira, chegas xusto a tempo para muchachada nui
http://www.formulatv.com/1,20070906,5392,1.html
-
Por fin!! Xa notaba que me baixaba perigosamente o frikismo en sangue;)
-
Benvido de regreso! Xa andaba eu preocupada polo paradeiro do pastor cibernetico por excelencia...
-
celebro a sua volta co rebaño xa estaba um chisco desbocado
-
Si que chego, agardo que pague a pena. Agora en vez de chanantes, que seremos Zerovacas?
Ten coidado con iso que seica aos ciclistas os botan por cousas semellantes Raíña.
Poi andaba por algures como reza o perfil do blog Arale. Xa tiña ganas de voltar.
Haberá que reagrupar ao rabaño. Póñome ao chollo ak.
PD: Que vos parece o fondo conmemorativo?
-
Eu felicitariao pola sua volta pero e a primeira vez que o leo asi que lle digo: Boas, aqui ten vostede a un nova fadiña cuioseando polo seu fogar. Invitoo cando queira a visitar o meu berce.
-
Que ben que esteas de volta!! este verán notáronse moitas ausencias pero hai algúns espazos que se fan especialmente imprescindíbeis ;)
O fondo é chulísimo, xa vexo que aínda que en proceso de desconxelación xa andas a darlle á cabeza e a innovar, está xenial.
-
-
Gracias pola felicitación Fada. Curiosee todo o que queira, isto é un espazo público de divulgación frikientífica, como La2, pero sen documentais de bechos.
Gracias Arqueira, estou case desconxelado de todo. Alégrome de que gostes do fondo aínda que hai que dicir que é circunstancial.
Eu tamén te botaba de menos Mario.
pero mira, chegas xusto a tempo para muchachada nui
http://www.formulatv.com/1,20070906,5392,1.html