O outro día no bus urbano, ía pensando eu en Compostela, unha cidade que me marcou moi fondamente (para ben coido) e da que, por unhas ou outras cousas, non podo pasar moito tempo alonxado. Víronme á cabeza un montón de vantaxes que ten a cidade fronte a outros lugares onde paso a miña vida pero tamén certos inconvintes. Como estes segundo son menos e sempre fun unha persona moi preguiceira práctica, coido que será mellor contar aquelas cousas que non me gustan en vez das que si, por razóns de aproveitamento do papel e esas cousas.
- Non me gustan os autobuses urbanos. Non me gusta o libre albedrío que organiza o seu paso polas paradas. Nin tampouco a sensación de ser unha zamburiña en conserva, nin ter que ecoitar a Cope despois de almorzar.
- Odio o tráfico da cidade. Alguén coñece un lugar onde aparcar sen ter que pagar diezmos?
- Por que sempre hai obras no piso do lado? Bueno, isto é unha pregunta mais que unha sentencia, pero supoño que me entendedes.
- Non teño moita simpatía por certos individuos afins ao clero.
- Desespérame que sempre chove cando vou sen paraugas e con cousas que non aguantan ven a chuvia.
- Paráceme que unha caña a 1,20€ é moito pedir.
- Non me gusta madrugar
Polo resto, coido que é un bo lugar para existir. Se me vedes pola rúa mal encarado, botádelle a culpa a calquera dos puntos arriba mencionados, ou aos políticos segundo o caso. Estes últimos teñen culpa do 70% das miserias humanas.
Etiquetas: Ovellas domésticas
Coido que realmente e menos do que parece o que non che gusta, xa que madrugar, ver aos individuos clericosos e o das obras son relativamente evitables cun pouco de vontade e boa sorte. Amais. o das obras e internacional...a min estanme construindo unha casinha xusto ao lada da fiestra (o que as de aqui son de madeira, pero para o ruido eche o mesmo). Sempre nos quedaran os tapons...