gardei rabaños máis alá de Orión...
11.11.07
As series

Fíxome gracia ver aos da Sexta promocionar o que deron en chamar Series de Culto. Agora, de luns a xoves, emiten dous capítulos das series Me llamo Earl, Entourage: El juego de Hollywood, The Office e Larry David. Primeiro polo título, non sei até que punto poden considerarse "de culto", tendo en conta que aínda están en marcha e son bastante recentes. Á parte diso, publicítanas coma se fose indispensable que un as vexa para poder seguir vivo, coma pequenas xoias da televisión, pero o que non dicen é a franxa na que as emiten: a partires da 1:10 da madrugada.
Parece curioso, contradictorio mesmo pero eu hai tempo que aprendin a non depender dos horarios da TV. Xa fai tempo que non sigo unha serie pola TV, adoito velas todas seguidas, gústame máis. Non me gusta ter que agardar unha semana para ver o que quero ver agora, dentro dun anaco ou mañá.
De todas estas so me enganchei a Me llamo Earl e teño que dicir que é do mellor que vin en tempo, pero xaga coa vantaxe de ter a Jason Lee e Ethan Suplee que sempre me fixeron gracia. Ademais, ten un plantexamento moi orixinal e un mundo propio moi entretido. Recorda as grandes series de vilas pequenas (Twin Peaks, Dr. en Alaska...), cos seus personaxes particulares e a estraña harmonía da vila. Posúe tamén un humor moi propio.
Outra serie que me chamou a atención da Sexta foi The Unit. Seguro que agora vos estades a preguntar por que. Pois por ser responsabilidade de David Mamet, un dos dramaturgos contemporáneos norteamericanos máis impotantes, que ademais é guionista (Ronin, Los intocables de Elliot Ness) e director. Eu coñecino polo seu traballo en Vanya on 48nd st. e sorprendeume ver unha serie tendenciosa, mediocre, con mala actuación, pretenciosa e carente de sentido en moitos momentos. Nun capítulo que me coincidiu ver (cunha dor de estómago fortísima ademais), a unidade estaba en Valencia para asasinar a un banqueiro ou algo así. No outro lado do mundo, a filla do xefe, tiña problemas cun mozo e quería entrar nas forzas armadas par realizarse, ante a oposición da nai e a moza dun dos valentes soldados sufría por serlle infiel. Non sei como acabou, non creo que pagara a pena agardar.
Como curiosidade, Valencia semellaba unha pequena vila, con rúas estreitas de adoquín moi empinadas e homes morenos e con bigote vestidos con pantalóns marróns de franela, camisa a cadros e boina. Aparecía a Guardia Civil, con tricornio e todo.
Por se isto non abondara, The Unit emítese as 17:25 de luns a venres. Eu seguirei vendo as series do tirón.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 17:02:00 |


7 Comentarios:


  • At 11:38:00 da manhã, Blogger Mr Tichborne

    Concordo con "Me llamo Earl". O argumento é bo, mais o mellor é a galería de personaxes disparatados tipo White Thrash que nos amosa. Moi boa.

     
  • At 6:49:00 da tarde, Blogger A rapaza do arco

    Buf! a min que mo expliquen.
    Eu creo que o razonamento é que os frikis non durmen nin traballan. E por outra banda, que a maioría da xente que ve a tele noutra franxa horaria ten un encefalograma plano... porque o que botan polas tardes é para reformularse iso de "mamíferos intelixentes".
    Négome a pensar que a programación responde á damanda do público.

     
  • At 5:22:00 da tarde, Anonymous Anónimo

    Iso de "series de culto" é puro marketing. Ningumha delas chega a altura das duas que ti citas.
    Concordo en que a melhor delas é a de Jason Lee, ainda que eu non lhe acabo de colher o punto.

    E desde logo con esto de internet, non hai nada melhor que ver as series cando che pete. Eu metinme en 3 semanas as 4 últimas temporadas de "a dos metros bajo tierra", asi acabei...

     
  • At 11:13:00 da tarde, Blogger Mario

    Pois eu creo que non dou, teño demasiado aprezo á agradábel sorpresa de ver que van botar algo que me gusta, aínda que sexan capítulos repetidos.

     
  • At 11:46:00 da manhã, Anonymous Anónimo

    eu reconhezo q vin todas esas serie, viva o satelite!, e salvo a de Earl as outras deixarome frio, sobre todo a the office da quefalaran marabillas
    e a the unit ta guay macho, sempre estan pegando tiros y matando a sudacas moros pola seguridade nacional.-impagable asecuencia da guardia civil cos tricornios de cartulina....-

     
  • At 6:18:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Ai, o cable, que tempo mais marabillosos! Por sorte, Internet suple con moito (e mais barato) todo o que podan botar na tele de pago. Me llamo Earl é unha desas xenialidades que aparecen na tele de cando en vez, pero eu tampouco acabo de entender o das series de culto, particularmente o de Lost. Igual foi porque non cheguei a entender a trama. Gustaríame ver A dos metros bajo tierra e 4400, que se me pasaron.

     
  • At 1:10:00 da manhã, Blogger O pastor eléctrico

    Si Mr.Tichborne, eu son de Randy e Darnell, son xeniais. Por certo, benvido por estes mundos.
    Supoño que responde á demanda dos cartos Arqueira, como todo.
    Si, o de papar series en plan sandwich, deixa a un mallao W.Sobchak.
    Bueno, cada un como mellor lle vaia Mario. Eu estou farto de papar anuncios de Polaris World. Non, non teño pensodo mudarme a Murcia. Quen querería facer tal?
    A min marcoume ese episodio ak, creo que tardarei anos en olvidar semellante cousa.
    Pois fala coa mula Raiña, é un animal marabilloso. Ten de todo, como os hipers.