gardei rabaños máis alá de Orión...
3.12.07
Os d1sc0s

Chegoume este encargo de ak e ainda que tarde (non tiña irterneert!), vou facer a lista dos dez cedés.
Ao ver que se trataba de facer unha lista cos 10 mellores discos, asusteime un pouco. Non creo que poda facer semellante cousa, sobre todo porque me levaría centos e centos de horas decirdir cales son os mellores. Ademais seguramente hai discos mellores que nunca escoitei nin chegarei a escoitar.
Por iso fixen a lista baseándome nun criterio algo máis obxectivo. Vou facer a lista dos discos que escoitei máis veces na miña vida. Ou eso creo.

1. Pearl Jam - Ten
Deste estou seguro, é o que máis veces escoitei (e sigo a facelo) na miña vida. A primeira vez que chegou ás miñas mans foi nunha cinta TDK grabada centos de veces cun son espantoso. Aínda así, engancháronme. Estívenlle dando a lata a todos os meus amigos con eles cousa dun ano.

2. Red Hot Chili Peppers - Californication
Con este non tardei nada en engancharme. Cheguei a escoitalo tres e catro veces seguidas.

3. Pink Floyd - Wish you were here
Non sei se é este ou o Dark side of the moon o que máis escoitei de Pink Floyd. Podería facer unha categoría compartida. Grandes discos calquera dos dous.

4. Metallica - S&M
Este cd regaláronmo ao tempo dun reproductor de cd's. Escoiteino tantas veces que a caixa está feita un noxo e aos cd's pouco lles queda para perder o grafismo. Sensacional para o meu gusto.

5. Led Zeppelin - IV
O primeiro cd que escoitei de Led Zeppelin. Encantoume. O Stairway to heaven segue poñéndome os pelos de punta. Ainda que se tivera que elixir, quédome con Since I've been loving you do Led Zeppelin III. Como anécdota, unha vez vin nuha listaxe de cd's este disco como: Led Zeppelin-Viejo con leña.

6. Muse - Origin of symmetry
O que máis escoitei deste grupo que escoitei e sigo escoitando moitísimo. Encántame o xeito de tocar a guitarra de Matt Bellamy. En directo son xeniais.

7. Cream - Disraeli gears
Escoiteino por vez primeira no instituto, en clase de latín. Non pensedes que estaba co discman (que antigo soa isto) en vez de prestar atención, foi o mestre quen puxo o cd. Ese mesmo ano tamén nos puxo Hendrix, Iggy Pop e Deep Purple. A carátula é xenial.

8. Dream Theater - Live scenes from New York
Foi o responsable de que me enganchara a este grupo. O directo está moi logrado e os temas son boísimos. É incrible como tocan todos eles. Puxen a carátula orixinal, que foi censurada. Adiviñades a data do cd?

9. Dire Straits - Brothers in arms
Pasei anos escoitando os discos de Dire Straits, este e posiblemente o que máis escoitei. Mark Knopfler segue sendo dos meus preferidos.

10. Primus - Antipop
Este grupo é o último de todos estes ao que me afeccionei pero collino con moitas ganas, se fago esta lista dentro dun ano seguro que xa subiu. Gústame sobre todo o baixo de Les Claypool.

Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 12:50:00 |


8 Comentarios:


  • At 10:56:00 da tarde, Blogger Zerovacas

    quedo con led zeppelin e muse. Vémonos, muchacho!

     
  • At 2:08:00 da tarde, Blogger W. Sobchak

    coincido no de ter escoitado motisimo os dous primeiros. A cinta (pdm no meu caso) de pearl jam segue a sonar a día de hoxe mais o cd dos de california aburriume un pouco
    Saudinhos

    --
    http://cccp.blogaliza.org

     
  • At 11:43:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Aí, mantendo o nivel dende o primeiro ao último. Non ten o Pastor ningún vicio inconfesable, no que a música se refire?

     
  • At 2:51:00 da tarde, Blogger sergio74

    moi chulos vexo q nom desmarcas da tua linea roqueira. quedome com peal jam, por suposto, bem a unque o de muse e un discazo,, bem deixo um empate.
    saudos e unha aperta

     
  • At 12:37:00 da manhã, Blogger Roi Buligan

    Interesante ,ahi vai sen pensar moito miña sincera, heterodoxa e evolutiva lista en orde lixeiramente cronolóxico:
    1. A Kind of Magic (Queen) eran tempos dunha adolescencia feliz, romántica e "ochentera" a voz de Freddie era puro hedonismo.
    2. Watermark (Enya) miña etapa instrumental, new age, era doado engancharse aínda que despois me resultara insoportable e empalagoso
    3. Singles 86-98 Depeche Mode, eran todas boas
    4. Nevermind (Nirvana) como nos axitabamos con ese aire fresco e auténtico do grunge
    5.Christopher Cross (idem) sorprendente? demasiada air guitar e camisas de franela desembocaron nestas cancións suaves e románticas.
    6. Your Ghost (EP- Kristin Hersh) chegou a hipnótica Kristin e a etapa alternativa
    7. Gravity Pulls (Echobelly) namorado da morriseyana Sonya Aurora-Madan
    8. Miaow (The Beautiful South) letras ásperas melodias suaves, deberia ir no7
    9. Esquecía A Decade of Hits 1969-1979 de The Allman Brothers e eses temas infinitos de rock e blues
    10.O último de Travis The boy with no name, compreino en Itunes podendo baixalo gratis!!!! mira se me gosta

     
  • At 10:00:00 da tarde, Anonymous Anónimo

    Discazo o dos cream, e peazo profesor tiveches,quen o pillara.
    quedome con eles, zeppelin, red hot, e quen nom danzou cos pear jam no seu momento.

     
  • At 1:25:00 da manhã, Blogger Arale Norimaki

    Primus e Cream ainda non caeron nas minhas mans, pero cos demais, quedo con todos sen dubidalo. Ai, ai, como me puiden esquecer de Pink Floyd...

     
  • At 9:29:00 da tarde, Blogger Mario

    Xenial, coma sempre. A parte da miña colección que é filla da túa inclínase con respecto.