gardei rabaños máis alá de Orión...
18.11.07
Noite de Jazz
Hoxe foi un bo dia para este pastor. Unha noite especial, especial por varios motivos. Un deles foi a descoberta dun grupo que me fascinou, duas horas de actuación que me pareceron dez minutos. O grupo en cuestión chámase Third World Love, son de Israel e fan un Jazz moi animado con infinidade de matices que van dende ritmos do oriente medio até o bebop pasando polas músicas americanas. Visitade a súa páxina, podedes escoitar varios temas nela.
Foi un deses concertos que pagan a pena, teñen un directo realmente sensacional e ademais foi de balde. A semana do jazz de Lugo comezou este ano cun mal sabor de boca para min, posto que chegaba á cidade das murallas o mestre da guitarra John Scofield, pero a súa axenda non foi compatible coa miña. Por casualidades cósmicas inexplicables, este pasado martes 13 (vou comezar a ser supersticioso) coincidiron nestas terras dous grandes xenios do xénero, Ornette Coleman e Scofield, un na Coruña e o outro en Lugo. E mentras tanto, o pastor en Compostela.

Polo menos, aproveitei e pasei por Cineuropa ver A fuxida, de Peckinpah. Un grande filme dun director dos que deixan pegada, senón que lle pregunten a Tarantino. Como me dixo a Raiña Vermella, un filme pretarantiniano. Non creo que se poida definir mellor.

O xoves deixeime caer polo filme de Paul Auster. Deixoume un pouco frio, bueno iso quizais foi por mor do clima. En realidade, é un filme discreto, con momentos moi bos e outros algo absurdos e case ñoños, pero o peor é que a segunda parte do filme é prescindible. A ver se co seu próximo traballo mellora un poco os dous últimos. Tanto Viaxes no Scriptorium coma A vida interior de Martin Frost decepcionáronme bastante, igual polo moito que desfrutei cos seus libros anteriores. Na parte cinematográfica, quédome con Smoke, realizada xunto con Wayne Wang, recente gañador no festival de Donostia. Igual axudou que Auster fóse presidente do xurado.

Etiquetas: , ,

 
publicado por O pastor eléctrico ás 00:54:00 |


9 Comentarios:


  • At 2:02:00 da tarde, Blogger Mario

    Polo menos tiveches un consolo aos outros concertos perdidos. Como veu Ornette sen chamarnos primeiro para ver se nos viña ben? Xa verás a que lle vou montar a próxima vez que vaia á súa casa.
    Tamén me alegro de que sexas un austeriano obxectivo, o filme de Martin Frost é un lixo.

     
  • At 2:20:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    Deste lado do Espello, e grazas a o pastor, unha fan confesa de Peckimpah. O problema de Cineuropa ás veces é que non por ser independiente é bo (e non por ser comercial é malo, engado coa boca pequena). Desfrutei moito con A fuxida. A Auster darémoslle un voto de confianza por Smoke e Blue in the face. Aínda pode remontar;)

     
  • At 1:31:00 da manhã, Blogger moucho branco

    O jazz está ben, pero ten efectos secundarios... seica sáeche boina e perilla se o escoitas demasiado, así que ten coidado, eh?, consúmeo con moderación :P

     
  • At 1:01:00 da tarde, Blogger sergio74

    Eu intentei ir o de Ornette, por medio dum primo meu, pero misiom inposibel,,, xa nom quedabam entradas,o de Scofield dixomo o Harvey, pero eu inda o vim fai pouco com Lovano e Holland. Si q tes razóm com estos israelis, estam cojonudos q magua nom saber deles antes, pra ir velos, pero conformaremos con escoitalo disco...
    saudos e unha aperta

     
  • At 7:36:00 da tarde, Blogger FraVernero

    Vale... anoto todo... Como fanático anque profano escoitador de Jazz, xa me metiches o verme por escoitar a eses israelís... Son xudeus, ou árabes?

    Anque o hip-hop non é o meu, coñezo un grupo bastante bo dalá. Xa meterei un día destes algunha ligazón no meu Pazo...

    O cineuropa téñoo moi desatendido, agora que non estou en Compos, senón nunha Serra aburrida e frialleira...

     
  • At 7:38:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Si Mario, tes que botarlles unha boa bronca. Agardo tamén que o Auster volva polo bo camiño.
    Claro que é posible Raíña, alégrome que gostases do Peckinpah.
    Igual así cambio as camisas de cadros polos xerseis de cuello volto. Terei coidado logo Moucho.
    Eu quedei moi contento co concerto Sergio, de sabelo antes faría promoción no blog. Un saúdo.
    Tiñan bastante pinta de xudeus, sobre todo o contrabaixista. O do cineuropa podes solventalo por medio da internet FraVernero, non é o mesmo pero fai un apaño.

     
  • At 2:26:00 da manhã, Anonymous Anónimo

    como vai de musica propoñoche pro meme que me acaban de endilgar
    http://ak77.blogaliza.org/2007/11/28/mmememusical/
    eso si con cariño

     
  • At 1:28:00 da manhã, Blogger Roi Buligan

    Que grande casualidade!! eu tamén fun a Lugo para aproveitar a Semana de Jazz, aparte doutras xestións e o día que tocaba ese grupo un fastidiado ataque de asma impediume asistir :(

     
  • At 3:36:00 da manhã, Blogger O pastor eléctrico

    Procurarei colgar o meme o máis pronto posible ak. E que ando sen internet.
    Pois foi o único día que puiden ir e gustoume moito, se tes un anoco, escoita os temas na web que paga a pena.
    Un saúdo.