Esta é unha novela que non só se aparta un pouco da narrativa á que nos tiña acostumados Welsh no que se refire á espacialidade, xa que tamén aporta unha faceta fantástica que podiamos entrever en certas pasaxes de Escoria (Anagrama), pero que agora toman máis forza no desenvolvemento da trama.
Así e todo, Leith segue a estar presente, como tamén están os outros temas e motivos característicos do autor escocés. O alcol, as drogas e o fútbol aparecen como principais ocupacións e vías de escape dunha poboación que se evade así dos problemas sociais e políticos que os oprimen.
Así mesmo, tamén temos unha dose abundante de episodios alcólicos e enfrontamentos futboleros e esa grande descrición dos diferentes grupos sociais escoceses á que xa nos tiña acostumados. Non podían faltar ademais os detalles máis escatolóxicos e crus de carácter sexual, así coma a verborrea desmesurada e irreverente das personaxes e a plasmación das xergas edinburguesas.
Estamos pois ante unha nova mostra do grande talento para a narración deste escocés saído do punk (tema moi presente neste libro), que consegue situar ao lector moi próximo á acción, a pesares do desagradable que esta pode ser por momentos.
Etiquetas: Literatura
este tipo e grande, trainspotting e bestial, e dos libros co que mais rin, porno perdeu a frescura e orixinalidade( 2º partes...) pero sigue a ser boisimo
sempre que vou as librarias miro a ver se tenhen algun outro, por agora sen fortuna...