Un dos grandes xogos da súa obra é a mestura do real co literario, fai numerosos xogos coa súa vida, seu nome, anécdotas coñecidas del... e cólaas no medio das historias provocando un efecto sorprendente, no que o autor e a personaxe chegan a fundirse nun so elemento.
A súa forma de narrar é posiblemente un dos meus maiores influxos á hora de por no papel as cousas que me pasan pola cabeza, ten ese aquel de descrición cinematográfica (se é que se lle pode chama así), que fai que vexas con claridade todo o que está contando. Eu nunca estiven en New York, e sen embargo, case me parece ver as rúas de Brooklyn, coa ponte ao fondo, os xantares no Central Park e os luxos e hipocresías de Park Avenue.
É posible que iso fixera que dera o salto ao cinema da man de Wayne Wang. Neste campo, xa non son tan forofo. Xa comentei fai uns meses o meu desencanto co filme The inner life of Martin Frost, pero é que Lulú on the bridge tampouco foi do meu agrado. Iso si, Smoke & Blue in the face si que fican na miña cabeza coma duas boas mostras do que sería Auster no cinema.
Non so no referente ao cinematográfico é que me crea certa identificación, senón no que atinxe ao azar. Eu que son mais ben descrido e que non confío para nada no destino, si que creo que o azar é ese algo que escapa ao noso control e que ten un papel decisivo no decorrer das nosas vidas. Eu mesmo, moitas veces tiven comprobado o que o azar fixo na miña vida, mudando completamente a direción das cousas por un detalle aparentemantemente sen importancia. De todos xeitos, para comprobar o poder do azar no seu maior grao de expresión aconséllovos La música del azar.
Agardo que non se lle suban os premios á cabeza e que volva outra vez polo camiño que marcou con mestría e no que eu seguirei agardando o seu retorno.
Etiquetas: Cinema, Literatura, Os meus favoritos:
con Auster pasame algo parecido que con Woody, nom me interessa pra nada NY polo que moitas veces pareceme aburrido,
dame moita pereza ponherme a ler un libro del que ver umha pelicula do outro
eso nom quita que tenham obras mestras....