Non sei moi ben como empezar, así que comezarei dicindo que é para quen non o coñeza. Les Claypool é o baixista e cantante da banda norteamericana Primus, ademais ten outras bandas e proxectos paralelos como a Les Claypool's Frog Brigade e colaboracións co xenial e excéntrico guitarrista Buckethead, co que grabou ademais xunto con Bernie Worrel e o batería Bryan Mantia o fantástico The big eyeball in the sky. É tamén o que interpreta a famoso tema de South Park. O seu estilo é inconfundible, ademais de ter unha grande habilidade técnica, emprega un estilo peculiar que mestura a técnica de dedos co tapping, é moi orixinal en canto ás liñas melódicas que consegue. A pesares de contar con excelentes guitarristas ao seu lado (Larry LaLonde e Buckethead entre outros), consegue que a liña do baixo sexa a que leve o peso melódico e a forza da canción. É destacable tamén o uso que fai do slap, o seu estilo podería definirse como funk-metal ainda que con matices porque ten moito de moitos outros estilos. Ten un grande sentido do espesctáculo e do humor, os seus shows acostuman ser espectaculares. E non só musicalmente. Recentemente dirixiu un filme que soamente circula polos USA e que leva por título Electric Apricot: Quest for Festeroo, un falso documental paródico do mundo dos festivais de Rock'N'Roll na liña de This Is Spinal Tap. Deixo aquí un vídeo para que desfrutedes del. Agora entenderedes por que son tan afeccionado á súa música.
Nunca deixarás de sorprenderme, cada vez que te descolgas cun destes post erudito-friki quédome volada. Será porque o resto do tempo non fardas do que controlas :p P.D: O tapping é algo semellante ao staccatto de toda la vidiña, non si?
primus sempre me "rayo" ainda que como baixista e bastante bo, mais penso que e instrumento mais ritmico que solista - cahamame integrista . eu sempre fun da sencillex de Larry Taylor
Moita xente pensa iso de que non debera cantar. Eu tamén o pensaba, mais ao final afíxenme á súa voz. É sip, trátase de golpexar cos dedos directamente noos trastes. Alégrome de que gostes destas movidas pastoriles :p Adoita ser máis rítmico, si, mais hai casos excepcionais nos que o talento e a habilidade fan que colla máis protagonismo a nivel solista. Eu é que son adicto á forma de tocar de Claypool, que lle vou facer...
Xenial baixista... mais non debería cantar!
Quedeime con el na súa bizarra e xenial actuación no Woodstock do 94.