Creo que despois de ver moitos anuncios que falan de roubar, de escoitar a grandes multinacionais dicir que perden cartos (no canto de dicir que non os gañan), de escoitar queixas de defraudadores de impostos, de pagar impostos a unha sociedade privada por actos non cometidos, de ver coma o Estado Español apoia todo iso... Despois de todo iso, atopei o anuncio definitivo.
Esta xenialidade pertence á serie The IT Crowd, unha serie creada por Graham Linehan. A serie prestáronma en DVD, así que supoño que tamén lles estou roubando aos produtores. Este outro, de Alejandro Pérez, tampouco ten perda.
Etiquetas: Ovellas domésticas, Televisión
What the f***? SI, é o anuncio definitivo. Non hai dúbida. O segundo aínda ten gracia, pero o anuncio...
Bueeeeno, vou asesinar a alguén pra defecar nalgunha das súas pertenzas e enviarllo á familia pra volvelo roubar; ou o que é o mesmo: pór o Lphant a rular. Eeen fin...