gardei rabaños máis alá de Orión...
18.2.09
Son Merenda
I'm Legeng é o título dun dos libros máis célebres de Richard Matheson, escritor e guionista norteamericano responsable d' O incríbel home minguante entre outros clásicos. Este libro conta a historia dun científico que sobrevive á plaga dun estraño virus que converte aos humanos en seres "algo" diferentes que se alimentan do vivos.

Na novela, e na adaptación cinematográfica de 1964 dirixida por Ubaldo Ragona, trátanse coma vampiros, pero non coma os de Bran Stoker ou os da fantástica Hellsing. Son seres que vagan de noite, teñen medo ao seu reflexo, aos crucifixos, alerxia ao allo e capacidades motoras e intelixencia reducidas. Para o espectador actual, isto é máis parecido a un zombie. Pero é que todas as figuras fantásticas varían, evolúen e non teñen unha única forma definida. Pensade senón nos elfos e demais seres dos bosques. A figura do zombie probén dos ritos vudú das illas caribeñas, pero a idea que temos comunmente deles é a que nos ven do cinema, particularmente a do que poderiamos chamar o Zombie-Carpenter.

Hoxe en día, esa imaxe está desfasada na linguaxe cinematográfica, posto que a técnica e os efectos dixitais permiten presentar criaturas máis impactactes visualmente. Na actualidade o cinema de terror tende a ser máis frenético, polo que deben ser veloces, e moi perigrosos. Danny Boyle presentaba en 28 days later... a figura do infectado, que pasou a ser o novo estándar de criatura non-morta, como demostra a súa aparición en [Rec] e en I am Legend, a última versión do libro de Matheson protagonizada por Will Smith.

O filme de Ragona ten moitos aspectos atractivos, cecais por estar realizado case coma un filme mudo por momentos. A voz en off de Vincent Price vai ilustrando a súa rutina diaria, pero é perfectamente comprensible sen o off, o flashback que nos conta o comezo da plaga xa é puramente dialogado, polo qeu ao meu entender poderían ter quitado esa voz en off que estropea un pouco a conxunto da acción. A dirección non é perfecta, pero apréciase unha vontade de contar unha historia de xeito visual. É por iso precisamente polo que ven a miña queixa da narración en off. Porén esta versión ten máis mérito cinematográfico porque non cae no que Hitchcock chamaba "fotografías de xente falando", é dicir, filmar unha historia sustentándoa no diálogo en vez de na cámara.

E é que os efectos dixitais trouxeron coma contrapartida a posibilidade de mostrar case calquera cousa na pantalla, o que levou a moitos directores mediocres a realizar filmes de grandes pretensións, mais carentes de técnica cinematográfica. Moitas veces o enxeño e o talento saen á escena cando non queda máis solución.


Etiquetas:

 
publicado por O pastor eléctrico ás 10:05:00 |


10 Comentarios:


  • At 2:19:00 da tarde, Blogger Nela

    Mira que che trae de cabeza a voz en off! :P O outro día vendo Big Fish púxenme a pensar que era o que fallaba -a parte do escesivo pastelosismo, incluso pra min- e atopeime aborrecendo o abusivo uso da voz en off, preguntándome como o arranxaría o Pastor.

    Creo que tamén nos inflúe a (boa) literatura do momento. Onde quedaron as personaxes en primeira persoa ao estilo diario íntimo? Se hai unha primeira persoa ten que difuminarse na acción ou estar posta en favor dela e da tensión. Penso nisto ao fixarme, por exemplo, no teu xeito de escribir relatos.
    Ao cabo, ambos medios teñen como finalidade contar do mellor xeito, do máis orixinal.
    O mellor escritor é o que domina a linguaxe das imaxes. Non é?

    Pero estou esbardallando...

    Quería dicir que a nova imaxe dos zombies que comezou con 28 días despois paréceme un grande logro dos efectos especiais. Iso si q da medo, carallo! :P
    "os zombies de menos de 28 días non son zombies, son infectados!" :D

     
  • At 5:31:00 da tarde, Blogger Mr Tichborne

    Fállame a miña memoria esponxiforme, mais eu nó non lembro voz ningunha en off, se acaso só á final. Tamén che digo que vina hai un ano e en alemán, igual o da voz é unha innovación española.
    A peli gustárame bastante, ademáis non cae nalgúns dos tópicos das pelis jolibuz: o prota non se enlea coa moza, o prota morre á final (spoiler!), ten defectos e feblezas...
    Haberá que ver a dos 28 días.
    Un saúdo

     
  • At 6:00:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Eu creo que o cinema debe contar maioritariamente a través da imaxe. Ben é certo que o cinema bebeu da literatura ao igual que agora pasa ao revés, mais as voces en off explicativas semellan ocultar un mal traballo á hora de presentar ao espectador os feitos. Con respecto aos efectos dixitais, non é que teña algo na contra, faltaría máis, pero ás veces ocultan deficiencias na historia ou na xeito de contala.
    Non creo que esteas esbardallando, os comentarios enriquecen os posts e poden abrir debate, isto son opinións, non teño a verdade da arte pura cinematográfica. Por certo, a Big Fish non lle vexo demasiado arranxo.

    Eu vina en versión orixinal, a dobraxe española pode ser tremenda tendo en conta o ano de producción. Non é constante, pero durante a primeira media hora hai moitos momentos de narración en off (do propio Price), que introducen a historia e narran o que está facendo. Pode ser un engadido de postprodución por se quedaba algo confusa, non o sei. Ainda así para min esta de máis.
    Anímate coa de Boyle, que é interesante.

     
  • At 12:39:00 da manhã, Blogger Roi Buligan

    e tamén hai a adaptación do 71 de Mr Charlton Heston "el último hombre vivo" ou "The Omega Man" que teño gañas de conseguir

     
  • At 1:25:00 da manhã, Blogger O pastor eléctrico

    Si, a min non me gustou demasiado. Pero tampouco me gustou a de Francis Lawrence. Non sei se aproveitar e dicilo, pero tampouco me gustou Constantine. Ala, xa o dixen :p
    Un saúdo.

     
  • At 2:05:00 da manhã, Blogger ekis1331

    Qué cites a Vincent Price encántame porque para min é un mestre... recordo aquela serie de relatos de Poe levados á pantalla da TVG con el de protagonista... O Péndulo, A Máscara da Morte Vermella, Enterrado Vivo, O Corvo etc... non vin o filme que citas, pero é moi probable que o director quixera explotar a fantástica capacidade dramática do citado...nin idea...
    En canto a este punto das voces en off, eu penso que é un recurso tan válido coma outro calquera se se aplica con criterio... neste sentido considero un mestre a Terrence Malick, tanto en "A delgada liña roxa" coma en "O Novo Mundo" emprega a voz en off nunha morea de pasaxes, combinando graves reflexións en clave poética cunha fotografía que sempre mantén o tono cando non as complementa e potencia... ou viceversa...
    Gustoume "28 días despois", pareceume unha máis que honrrosa revisitación... ah! Big Fish é certo que é pastelosilla, pero a min encantoume, penso que hai moito salvable nesa peli do gran Burton...

     
  • At 2:26:00 da manhã, Blogger O pastor eléctrico

    Se che gusta Price non deixes de ver (se non a viches xa) a película d' O Corvo que fixo Corman, é moi curiosa. Sae outro grande do cinema, Peter Lorre.
    Price sempre me pareceu un actor moi capaz, sobre todo para o cinema fantástico. A súa expresión facial chegaría ainda que non soubese falar, pero ten unha voz perfecta para a narración, iso si que é certo. Gustoume moito que Tim Burton lle dese o papel en Edward Scissorhands.
    Vexo que suscitou interese a miña opinión das off, supoño que depende do que un agarda dun filme, é unha cuestión de gustos en calquera caso.
    No caso de Burton, non gostei demasiado desta última etapa súa, a ver que fai con Alicia...
    Un saúdo.

     
  • At 11:07:00 da manhã, Blogger ekis1331

    Onte esquecinme; aproveitando a saída a debate dos recursos dixitais quería preguntarche que che pareceu a adaptación de Scanner Darkly. Eu non lin o libro, pero gustoume moito, tanto a nivel narrativo como no referente á estética acadada dixitalmente, ata Keanu Reeves actúa ben.

     
  • At 12:33:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Pois teño que recoñecer que me gustou a medias. É un libro difícil de adaptar, tampouco é dos que máis me gustou de Dick. O filme é moi interesante a nivel visual e pareceume un recurso moi ben collido para solventar os problemas que acarrea intentar facer unha versión literal do texto.
    O caso é que resulta un tanto aburrida e fáltalle algo de consistencia.
    Se tes curiosidade, Linklater xa empregara esta técnica noutro filme chamado Walking Life.

     
  • At 6:37:00 da tarde, Blogger A Raíña Vermella

    A voz en off pode ser guai ou ser un truqui cando non es capaz de facer as cousas en imaxes. Eu tamén son da opinión de que o cine non é literatura e ten as súas propias reglas, e os seus propios mecanismos.
    P.D: o de Burton e Alicia era cuestión de tempo. Crucemos os dedos. E as dedas.
    P.P.D: non entendo, nin entenderei nunca, que non che guste Constantine. Herexe! :p