gardei rabaños máis alá de Orión...
24.1.09
O pastor non-eléctrico
Imaxe: confusedvision

Onte o tempo non estaba para demasiadas cousas. Un trebón moi forte pasou por aquí, supoño que por aí tamén (a non ser que sexas un dos brasileiros que visita este sitio). Non sei se trebón é a palabra axeitada porque medir intensidades de fenómenos meteorolóxicos non é unha das miñas capacidades, supoño que Dorothy non pensaría o mesmo, ela diría que sopraba e punto. Porén, a chuvia batía contra os vidros e o vento abaneaba as baqueteadas fiestras de madeira até o punto de pensar que en calquera momento ían saír voando, con vida propia, coma os sacos dos supermercados contra as paredes de tixolo descuberto.

Era unha boa noite para coller unha candea, unha manta e ler contos góticos ou facer esa ouija que nunca fixeches cando eras rapaz. Eu non fixen nada diso, seguín co que estaba, un libro nada esotérico mais interesante. De súpeto a escuridade apropiouse da cidade, xusto no momento en que a narración ascendía, fiquei sen saber como remataba. Aló foi a tensión climática. Recurrín entón ao plan B, que todos aprendimos a ter en conta grazas á nosa educación de cando nenos. Collín a DS e xoguei ao Brain Training. Sentinme coma con esas páxinas que calculan a data da túa morte, quen quere saber que o seu cerebro corresponde a unha persoa vinte anos maior?

Onte foi unha noite moi escura, onte volveu a min esa sensación, coma a primeira vez que vin "escapar as letras" da pantalla do PC. Sentinme coma un OS defectuoso, sentinme pouco funcional.

Hoxe pola mañá erguinme no modo a proba de erros.
 
publicado por O pastor eléctrico ás 11:01:00 |


5 Comentarios:


  • At 6:59:00 da tarde, Blogger Aliada entrópica

    Pero non,home! Ese cachirulo sempre di que o teu cerebro está feito caca pa que penses "meu Deus, canto teño que practicar no Brain Trainning!" e te vicies. E despois merques a segunda parte "Más BT" e despois a versión pirata...
    A túa base de datos funciona fenomenal! ;)
    A mín o que me fai reflexionar disto é o potencial real do noso cerebro. Que pasaría de utilizarmos máis do triste 10%? Pensa nas posibilidades!MUAHAHAAAA

    A miña noite si q foi totalmente gótica, candea incluída. Faltábame que o can me recitase "Nevermore"
    un bico.

     
  • At 11:58:00 da manhã, Blogger A Raíña Vermella

    Vaia, eu nin me enterei da treboada! As árbores movíanse un pouco mais do normal, pero non pasou nada gótico nin terrorífico. Ben, terrorífico si: durante un intre... non había interneeeeeee!!!! Apaguei o módem, prendín o módem, apaguei o computador, prendín o computador (quien te envía? Vienes a por mi...?)

     
  • At 1:49:00 da tarde, Blogger O pastor eléctrico

    Seguramente funcione así. Este mundo de mercado globalizado...
    Podías escribir algo ao respecto do incidente do golpe na casa, fixéronse pelis con moito menos ;)
    Si que tiveches sorte logo. Se voltou internet ainda gracias, eu pasei case 16 horas sen interneeeeeeeeeeeeeeeeee.

     
  • At 1:32:00 da tarde, Blogger A rapaza do arco

    Eu retrocedín moooitos anos no tempo vendo cociñar á miña nai á luz dunha vela.
    Pero como no portátil tiña batería suficiente para entreterme até que me veu o sono, e internet na aldea xa non teño... pois non perdín nada :D
    Iso si, cando quixen volver para a cidade a neve case me estropea o plan...

     
  • At 7:46:00 da tarde, Blogger ekis1331

    Ola?...hai alguén ahí?...

    (pois si que dura o apagón si)